Igrexa católica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Igrexa católica latina
Liña 26:
A '''Igrexa católica''', tamén coñecida como '''Igrexa católica romana''', é a maior denominación relixiosa [[Cristianismo|cristiá]] con máis de 1.200 millóns de fieis.<ref>[http://www.zenit.org/rssenglish-29058 Number of Catholics on the rise] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100727041154/http://www.zenit.org/rssenglish-29058 |date=27 de xullo de 2010 }}, en Zenit. Visitado o [[19 de xuño]] de 2010 {{en}}</ref> Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por [[Xesús]] e os [[Doce Apóstolos]]. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo [[Colexio Episcopal]], integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o [[rito latino]] (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas [[orden relixiosa|ordes relixiosas]]), o [[rito bizantino]], o [[rito copto]], o [[rito siríaco|siríaco]], o [[rito armenio|armenio]], o [[rito maronita|maronita]] e o [[rito caldeo]].<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0022/__P3D.HTM Catecismo da Igrexa Católica] "1203 As tradicións litúrxicas, ou ritos, actualmente en uso na Igrexa son o rito latino (principalmente o rito romano, pero tamén os ritos dalgunhas igrexas locais como o rito ambrosiano, o rito hispánico-visigótico ou os de diversas ordes relixiosas) e os ritos bizantino, alexandrino ou copto, siriaco, armenio, maronita e caldeo. "O sacrosanto Concilio, fiel á Tradición, declara que a santa Nai Igrexa concede igual dereito e honra a todos os ritos lexitimamente recoñecidos e quere que no futuro se conserven e fomenten por todos os medios"</ref>
 
As [[Notas da Igrexa|notas esenciais]] que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas [[Igrexa particular|Igrexas particulares]] que constitúen a Igrexa católica, que son a [[Igrexa Latinacatólica latina|Igrexa latina]] e as [[igrexas católicas orientais]]; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do [[Papa|Romano Pontífice]].
 
En ocasións a Igrexa católica é aludida como ''Igrexa católica apostólica romana'' ou como ''Igrexa católica romana''; quen fai isto sostén que as [[Igrexa Anglicana|Igrexas anglicana]] e [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]] tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do [[papa]], ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.