Mel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Rubus ulmifolius
m Abella do mel
Liña 17:
O '''mel''' é unha substancia [[Alimento|alimentaria]] [[Doce (sabor)|doce]] e [[Viscosidade|viscosa]] feita polas [[abella]]s e algúns [[Himenópteros|insectos relacionados]].<ref name="Crane1990">{{cita xornal | autor= Crane E| título = Honey from honeybees and other insects | xornal = Ethology Ecology & Evolution | volume = 3 | issue = sup1 | páxinas = 100–105 | ano = 1990 | doi = 10.1080/03949370.1991.10721919| ligazón-autor = Eva Crane }}</ref> As abellas poden producir o mel a partir das secrecións [[Azucre|azucradas]] das plantas ([[néctar]] floral) ou das secrecións doutros insectos (como a [[melaza]]), por [[regurxitación]], por actividade [[Enzima|encimática]] e evaporación da auga, sendo almacenado en [[favo]]s (ou panais)<ref name="Crane1990" /><ref>{{cita libro|autor=Crane, E., Walker, P., & Day, R. | título=Directory of important world honey sources | editor=International Bee Research Association | isbn=978-0860981411|ano=1984}}</ref> nas súas [[colmea]]s para servirlles de alimento durante o [[inverno]].
 
A variedade de mel producido polas [[Abella do mel|abellas melíferas]] (o xénero [[Apis (xénero)|Apis]] ) é a máis coñecida comercialmente, debido á súa produción mundial e ao consumo humano.<ref name="crane book">{{cita libro|apelidos1=Crane|nome1=Ethel Eva|título=The World History of Beekeeping and Honey Hunting|editor=Routledge|isbn=9781136746703|date=1999}}</ref> O sabor e cor desta substancia é determinado polo tipo de flores das que se recolle o néctar. O sabor varía en función da fonte do néctar, e os diversos tipos e graos de mel; os máis comúns inclúen, entre outros, o néctar de [[laranxeira]], de [[Rubus ulmifolius|silva]] e de [[Framboeseiro|framboesa]]. O mel recóllese de colonias de abellas salvaxes, ou de [[colmea]]s de abellas domesticadas, unha práctica coñecida como [[apicultura]]. É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.
 
Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a [[cera]], a [[xelea real]], o [[própole]] e o [[pole]].