Diferenzas entre revisións de «Mel»

m
→‎Conservante: arranxiño
m (→‎Conservante: arranxiño)
O mel é un excelente conservante natural mais non sempre é saudable. Debido a que procede de flores silvestres, hai algúns momentos e lugares nos que o mel producido polas abellas é altamente tóxico. Os [[rododendro]]s e as [[azalea]] producen un néctar moi velenoso para os humanos, aínda que inofensivo para as abellas. Nalgunhas rexións do mundo as colmeas baléiranse inmediatamente despois da tempada de flores, eliminando calquera residuo para evitar envelenamentos accidentais. Existen historias non corroborables do uso de mel velenoso como arma de guerra na antigüidade. Este mel velenoso é moi difícil de atopar. A forma da flor da azalea fai que ás abellas lles resulte difícil acceder ao néctar e na época na que florecen hai case sempre outras flores máis atractivas para elas.
 
O mel é moi perdurable e non caduca. Grazas á súa gran concentración de azucre mata as bacterias por [[lise]] [[osmose|osmótica]]. Os [[lévedo]]s aerotransportados non poden prosperar no mel debido á baixa humidade que contén. Os traslados de corpos humanos na antigüidade facíanse somerxidos en mel; por exemplo [[Alexandre o grandeGrande]] foi trasladado dende Babilonia ata [[Alexandría]] e [[Agesilao II]], rei de [[Esparta]], dende Exipto ata a súa cidade natal empregándose mel para evitar a descomposición. O efecto conservante do mel débese á súa baixa concentración de auga e é idéntico ao que permite a conservación prolongada dos doces e das froitas en almibre, no que o alto contido en azucre diminúe o contido de auga.
 
=== Terapéuticos ===
102.718

edicións