San Lourenzo de Abeleda, Porqueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Engadín contido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 4:
'''San Lourenzo de Abelendo''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Porqueira]] na [[comarca da Limia]]. Segundo o [[IGE]] en [[2011]] tiña 150 habitantes (69 homes e 81 mulleres), 43 menos ca en [[1999]].
 
No sur do antigo [[Reino de Galicia]], a 15&nbsp;km da raia de [[Portugal]] atópase a aldea de San Lourenzo de Abelendo, que hoxe é o seu nome máis aceptado, se ben o longo da historia atopamos referencias como San Lourenzo de Abeleda, San Lourenzo de [[Porqueira]], San Lourenzo de Abelenda, e incluso San Lorenço de Porquera que é a primeira referencia escrita que aparece desta parroquia, concretamente no libro "Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Orense"  de [[Juan Muñoz de la Cueva]], ano 1772, dinos que o que chegou a ser obispo de Ourense entre os anos 1157 e 1169, Don [[Pedro Seguín]] , moi venerado polo emperador [[Afonso VII de Galiza e León]] e máis polo seu fillo [[Fernando II de León e Galicia|Fernando]], que foi rei de León e Galiza, e do que tamén foi confesor, era natural de Paradela de Abelenda, anexo da freguesia de San Lorenço de Porquera.Anque hoxe se atopa incluida no concello de Porqueira, non sempre foi así, xa que ata  mediado o século dezaoito, pertenceu a xurisdicción de [[Rairiz de Veiga]] e antes diso, concretamente no ano 1777, segundo nos conta, o historiador [[Pedro González de Ulloa]], oriundo de [[Xocín, San Martiño de Porqueira, Porqueira]], no seu libro: " Estados do Conde de Monterrey" a freguesia de Abelendo xunto coas de   G<u>üin</u>, Golpellas, Barxeles, Souto e Couso formou un couto ou xurisdicción im-solidum, co seu xuiz, escribán e ministros que formaban audiencia en [[Couso de Salas, Muíños]] que era a capital.
 
En canto a demografia, os primeiros datos que temos son do ano 1570, onde se nos dí que por aquel entón Abelendo xa contaba ca significativa cifra de 50 veciños, é dicir con cincuenta familias, e as familias do século dezaseis non eran como as de agora que o sumo ten un ou dos fillos senón que daquela tiñan algúns máis, supóndolle unha media de cinco persoas por cada familia, podemos asegurar sen medo a enganarnos que a poboación andaria polos 250 habitantes máis ou menos.