Centristas de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LIMIAO (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: Novo ligazón sobre o primeiro congreso de Centristas de Galicia o 6 de febreiro de 1988.
m Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 5:
|disolución=[[1991]]
}}
'''Centristas de Galicia''' foi un partido político galego activo na [[provincia de Ourense]] entre [[1985]] e [[1991]].
 
== Historia ==
Creado en 1985 por [[Victorino Núñez]], despois da escisión de [[Coalición Galega]], a partir da defenestración de [[Víctor Moro]] como candidato á [[Xunta de Galicia]] por ese partido, así como a falta de cohesión interna motivada pola enfermidade de [[Eulogio Gómez Franqueira|Euloxio Gómez Franqueira]]. Esta escisión estivo apoiada por aproximadamente pola metade (dos 32 alcaldes) dos 63 alcaldes de Coalición Galega na provincia de Ourense, antigos militantes de [[Centristas de Ourense]] (Exmembros da [[Unión de Centro Democrático|UCD]]), así como 10 deputados provinciais e dous parlamentarios. Nas eleccións municipais de 1987, concorreron en coalición con [[Alianza Popular|AP]], chegando a gobernar en 53 concellos da provincia de Ourense. En outubro de 1987 desenvolveu contactos políticos para ampliar o seu ámbito de actuación ás catro provincias galegas, si ben con pouco éxito.
 
En febreiro de 1988 tiña 8 deputados provinciais, 36 alcaldes e 295 concelleiros. O 6 de febreiro de 1988 tivo lugar o seu primeiro congreso no Monte Medo ([[Baños de Molgas]] ), baixo o eslogan ¨Artellar Galicia¨, nel foi aclamado por maioría absoluta como presidente, Victorino Núñez, aprobándose o comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por [[Xosé Luís Baltar|Xosé Luis Baltar Pumar]], acompañado de: [[Daniel Barata Quintas]], Luís Barge Fernández, [[Jesús Barros|Jesús Barros Martínez]], [[Jesús Busto Salgado|Jesús Bustos Salgado]], Santiago Cid Harguindey, Marina Cuquejo Taboada, Gabino García Fernández, Francisco Gil Zamora, [[Concepción Méndez Gándara]], [[Aurelio Miras Portugal|Aurelio Domingo Miras Portugal]], [[José Vicente Solarat López]], [[Amador Vázquez Vázquez]] e [[Isaac Vila|Isaac Vila Rodríguez]].
 
Neste congreso definiuse este partido como de centro moderado, [[Galeguismo (política)|galeguista]], nacionalista e cunha idea clara do autonomismo.
 
Nas eleccións autonómicas e xerais de 1989 concorreu coaligado co [[Partido Popular de Galicia|PPdeG]].
 
Nas eleccións municipais de 22 de maio de 1991 presentouse conxuntamente co [[Centro Democrático y Social|CDS]] na Converxencia Centristas de Galicia, conseguindo 422 concelleiros e 65.236 votos [https://www.datoselecciones.com/elecciones-municipales-1991/galicia/ourense] (32,30%), sendo a forza máis votada na provincia de Ourense'''.''' Posteriormente, en decembro de 1991, acabouse integrándose no [[Partido Popular de Galicia|PPdeG]].
 
En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG [[Manuel Fraga Iribarne]] dixo que o ''nacionalismo ben entendido'' daba un gran paso <ref>''[[A gran historia de Galicia]]'', volume 2. Ed. ''[[La Voz de Galicia]]'', p. 125. ISBN 978-84-96931-32-9.</ref>.
Liña 31:
 
==Notas==
{{Listaref|230em}}
 
{{Control de autoridades}}