Gandalf: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 41:
 
==Orixe da personaxe==
O profesor [[Tolkien]] bebeu de diversas fontes para compor a súa famosa personaxe. A máis obvia é o [[Merlín]] das [[lendas artúricas]], que non só inspirou a Gandalf, senón a case tódolos magos da literatura épica e fantástica de ambiente nórdico ou europeo que se escribiu desde entón. Non obstante, o seu primeiro 'contacto' ca personaxe tívoo en 1911 cando nunha viaxe ós Alpes viu unha postal do [[Xudeu Errante]], figura moi popular na mitoloxía alpina, que representaba a un anciano con longa barba, bastón e vagando eternamente pola terra. Como xa se comentou, moitas das características de Gandalf parecen inspirarse no deus nórdico [[Odín]], porén a máis clara é a influencia da persoaxe do bardo [[Vainamoinen]], unha das figuras centrais do [[Kalevala]], a epopeia nacional finlandesa. Para 1914 [[Tolkien]] xa o convertera nuno dos seus libros favoritos, e durante os seus anos en Oxford aprendera o suficiente finés como para lelo na versión orixinal e quedar marabillado pola exuberancia dos poemas e a riquísima variedade argumental. A súa influencia foi tal que o profesor inspirouse en parte no aspecto estético da lingua finesa para inventar o seu [[Quenya]] ou [[Alto Élfico]]. [[Vainamoinen]] [[Runoya]], o 'cantador de [[runas]]' é un anciano feiticeiro, sabio e poderoso, con tódalas características físicas de Gandalf. Como el, enfróntase ó seu rival, o mago mozo [[Joukahainen]], e aínda que o vence na maxia dos cantos, finalmente é derrotado. Arroxado ó mar, vaga durante días ata que é rescatado por unha grangrande [[águia]]. Ambos magos enfróntanse a través de cantos xa que gran parte do seu poder reside nas súas voces, idea desarrollada por [[Tolkien]], que atribúe á palabra e á voz o poder máis eficaz dos seus [[Istari]], cualidade da que está especialmente dotado [[Saruman]]. Finalmente, o que [[Vainamoinen]] teña suxeitos os seus poderes a limitacións case humanas acércao moito máis a [[Mithrandir]] que calquera outra influencia.
 
==Caracterización no cine==