Niles Eldredge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: zh:尼爾斯·艾崔奇
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 5:
Estudou na Universidade de Columbia, primeiro filoloxía latina e logo antropoloxía. Nesa época comezou a traballar no Museo Americano de Historia Natural.
 
Especializouse nos [[trilobites]], concretamente no grupo Phacopidae, que xa estudara [[Thomas Henry Huxley]], grangrande evolucionista do s. XIX, colaborador de [[Charles Darwin]]. Nos seus estudos, observou abruptos períodos de cambio, en realidade rápidos só a escala xeolóxica, que o fixeron reconsidera-lo dogma gradualista dende moi cedo.
 
En 1972, só tres anos despois de doutorarse, presentou un artigo conxuntamente co paleontólogo [[Stephen Jay Gould]] titulado: "Punctuated equilibria: an alternative to gradualist evolution" ou "Equilibrios interrompidos: unha alternativa á evolución gradualista". En realidade as súas propostas admiten evolución gradual durante períodos prolongados, pero habería interrupcións onde a evolución se aceleraría máis do agardado pola radiación adaptativa proposta na teoría sintética.