Himenópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m →‎Características: Aguillón (fisioloxía)
Liña 35:
 
== Características ==
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das [[flor]]es. As femias presentan ao final do [[abdome]] unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun [[Aguillón (fisioloxía)|aguillón]] velenoso nos grupos máis evolucionados.
[[Ficheiro:ES-1853.jpg|esquerda|miniatura|As formigas viven en comunidades]]
 
== Sexo ==
Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de [[cromosoma]]s ([[determinación do sexo por haplodiploidía]]). O individuo que é diploide (os que posúen dúas series de cromosomas) é femia e o que é haploide (a metade do número de cromosomas) é macho. Como consecuencia as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia. [[William Donald Hamilton]] formalizou o concepto da [[selección de parentesco]] que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.