Colonia, Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 48:
[[Ficheiro:Roman Cologne, reconstruction.JPG|miniatura|Colonia (C C A A), reconstrución no século IV.]]
 
De planta regular reticulada (1km2) e amurallada (seica no [[89]]), converteuse nunha importante cidade, a maior ao norte dos [[Alpes]], centro comercial cos territorios xermánicos, que albergaba uns 30.000 habitantes <ref>''Planta de Colonia Agripina; aliñados fronte ao Rin: Templo do Capitolio no sur, no centro Altar dos Ubios (diante do Foro) e Pretorio a carón polo norte'' [http://www2.rgzm.de/Transformation/Deutschland/EntstehungProvinz/Provinz_Niedergermanien/Koeln003.jpg]</ref>. Posuía Capitolio arredor dun templo [[octóstilo]], construíuse un novo Pretorio e asemade un gran acueduto e o porto da frota romana do Rin (Altenburg, uns quilómetros ao sur), mentres o porto da cidade tiña ''horrea'' (almacéns) na illa do Rin, que a poucos foi unida a terra firme. O apoxeo da vila mantívose no [[século II]] ata a crise do imperio na terceira centuria da nosa era <ref>[{{Cita web |url=http://www.colonia3d.de/ |título=''Reconstrución de Colonia Agripina en 3D; Escola de Deseño de Köln''] |data-acceso=20 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110905070317/http://www.colonia3d.de/ |dataarquivo=05 de setembro de 2011 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Capital dun efémero imperio gálico a metade do [[século III]], semella que pouco despois foron refeitas as murallas e recibiu un asalto dos francos ([[276]]). O emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] construíu a primeira ponte permanente sobre o Rin (seica desaparecida xa no século X) cunha fortaleza na beira oposta (''Divitia'', 310). Os saqueos [[francos]] sucedéronse durante o [[século IV]] ata que a vila caeu definitivamente no seu poder en [[459]].