Mitoloxía nórdica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 22:
== Cosmoloxía ==
[[Ficheiro:Esquema del universo segun la mitologia nordica.png|miniatura|Representación do mundo segundo a mitoloxía nórdica.]]
Na mitoloxía nórdica o mundo está representado como un disco plano. O disco está situado nas pólas da [[árbore]] do mundo ''[[Yggdrasil]]'', que sostiña os nove mundos. Nel habitaban varias criaturas, como un [[dragón]] chamado [[Níðhöggr]] nas raíces, que, roéndoas, quería derribar a Yggdrasil (conseguíndoo no [[Ragnarok]]), unha [[aguia]] que habita na póla máis alta, e dende aí vixía os nove mundos. Á súa vez ten un [[falcón]] chamado [[Veðrfölnir]] no entre cello, que vixía os movementos da aguia. Ademais hai un [[esquío]] chamada [[RatatöskRatatosk]] que viaxa dende as raíces ata copa levando falsas novas do dragón á aguia, e viceversa, sementando a discordia entre eles. ''[[Asgard]]'', a rexión alta do ceo, (''as-'' indica áss/Æsir, ''gard'' é asentamento ou residencia), onde vivían os deuses, estaba localizado no centro do disco, e soamente podería chegarse ata alí camiñando polo [[arco da vella]] (a ponte ''[[Bifröst]]'', gardado por [[Heimdall]], quen estaba provisto dun gran corno co que avisaba cada vez que un [[Æsir]] (deuses do panteón da mitoloxía nórdica) o un [[Vanir]] o cruzaba). Os [[jotun|xigantes]] vivían nun lugar chamado ''[[Jötunheim]]''.
 
Unha fría e escura morada chamada [[Niflheim]] era rexida por [[Hela]], filla de [[Loki]]. De acordo á ''[[Edda prosaica]]'', este era o derradeiro lugar de residencia da maioría dos mortos. Estaba situado nalgún lugar ó sur do ardente reino de [[Muspelheim]], fogar dos xigantes de lume.