Dinastía carolinxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 9:
O [[Imperio Carolinxio]], como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, [[Ludovico Pío|Luís I o Piadoso]] ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Luís) se repartiron o imperio mediante o [[Tratado de Verdún]] ([[843]]). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En [[Francia]], os herdeiros do fillo de Luís I o Piadoso, [[Carlos II o Calvo]], gobernaron ata [[987]], cando foron substituídos pola [[Dinastía dos Capetos]].
 
Durante anos, a Dinastía Carolinxia desenvolveu unha arte propia de grangrande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase [[Arte carolinxia]]). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "[[renacemento carolinxio]]", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O [[estilo arquitectónico]] da época, que era unha forma da [[arte prerrománica]], tamén se denomina "estilo carolinxio".
 
Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e a costume xermánica de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en [[911]] de [[Luís IV de Alemaña|Luís o neno]] toman o trono os [[otóns]]. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o [[987]], cando son desprazados pola [[dinastía dos Capetos]].