Teófilo, emperador de Bizancio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 6:
Na época do seu ascenso ao trono, os [[Sicilia|sicilianos]] aínda loitaban contra os sarracenos, pero Teófilo non puido prestarlles axuda xa que se viu obrigado a dedicar todas as súas forzas á guerra contra os [[califa]]s de [[Bagdad]]. Esta guerra foi iniciada por Teófilo, pois dera asilo a certos refuxiados [[Persia|persas]], un dos cales, chamado Teófobo trala súa conversión ao [[cristianismo]], desposou á irmá do emperador, Helena, e converteuse nun dos xenerais do Imperio.
 
O exército bizantino celebrou varios éxitos iniciais: en [[837]] foron tomadas e destruídas [[Samosata]] e [[Zapetra]] (Zibatra ou Sozopetra), lugar de nacemento do califa [[Al-Mu'tasim]]. Este, desexoso de vingar a ofensa, reuniu un grangrande exército, unha de cuxas divisións derrotou en [[Dasymon]] a Teófilo, que dirixía en persoa o exército bizantino, mentres que a outra avanzou ata [[Amorio]], berce da dinastía frixia. Tras unha valorosa resistencia de cincuenta e cinco días, a cidade caeu en mans de Al-Mu'tasim por mor dunha traizón interna o [[23 de setembro]] de [[838]]. Trinta mil dos seus habitantes foron executados e o resto vendidos como escravos, e a cidade foi arrasada ata os seus cimentos.
 
Teófilo nunca puido recuperarse do golpe recibido, a súa saúde foise debilitando e morreu a comezos de [[842]]. O seu carácter foi obxecto de moitos debates; pois mentres uns considérano como un dos emperadores bizantinos máis capaces, outros o ven como o clásico déspota oriental, un gobernante sobrevalorado pero insignificante. Non cabe dúbida de que fixo canto puido por eliminar a corrupción e opresión dos seus funcionarios, e que administrou xustiza con estrita imparcialidade, aínda que os seus castigos moitas veces non se correspondían co crime cometido.
 
Malia os gastos que supuxo a guerra en [[Asia]] e das grandes sumas dedicadas por Teófilo á construción, o comercio, a industria e as finanzas do Imperio viviron unha das súas mellores épocas, en gran medida grazas á moi eficiente administración do tesouro. Teófilo, que recibira unha excelente educación do gramático [[Xoán Hylilas]], foi un grangrande afeccionado á música e amante da arte. Reforzou as murallas de Constantinopla e fixo construír un hospital que se mantivo ata os últimos tempos do [[Imperio bizantino]].