Seitura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño category en maiúscula
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 9:
Como era un traballo colectivo, no día sinalado (un día de sol contra o 25 de xullo, como dí o refrán: polo San Xoán sécalle unha raíz ó pan, polo San Pedro sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro) o dono das leiras chamaba unha cuadrilla de homes e mulleres, algúns a xornal, outros por razóns de vecindade e axuda mutua e outra parte por familiares. Todos eles presentábanse na casa do dono nada máis romper o día, provistos dos apeiros necesarios para o labor que ían realizar: os homes con fouciños e as mulleres e nenos so coas gañas de traballar. Era costume ofrecerlles de almorzo caldo requente, torresmos con pan ou leite mazado.
 
Había que aproveitar as primeiras horas do día, xa que a calor provocaba que se debullara o grangrande e se perdera. Xa na leira os homes en ringleiras ían segando a palla e poñendoa en feixes. Non era raro que houbera unha grande competencia entre os segadores mais afamados de cada lugar. Antes de escomenzar a xornada afiábanse os fouciños na moa da casa e despois cada segador ía provisto dunha pequena pedriña que utilizaba para afiar o apeiro se este se cegaba.
 
Era raro ver unha muller segando, xa que o traballo reservado para esta era coller o feixe de palla, sacudirlle os fentos ou outras herbas malas que levase, e atalo cunha presa da mesma palla ata facer un mollo . Os nenos (algúns de so 5 ou 6 anos) recollían tras das atadoras as espigas que ían quedando e tamén tiñan que ir á fonte máis próxima por auga fresca nuns porróns de barro para os traballadores, e encargarse de gardalos á sombra para que no se quentara a auga. E outros dedicábanse a recoller "pan corvo" que logo se vendería.