Gastroenterite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
== Fisiopatoloxía ==
A gastroenterite defínese como [[vómito]]s ou [[diarrea]]s causados por unha [[infección]] no [[intestino delgado]] ou no [[intestino groso]].<ref name=M93>Mandell 2010 Chp. 93</ref> Polo xeral, os cambios no intestino delgado non son inflamatorios, pero os cambios no intestino groso si o son.<ref name=M93/> O número de [[Axente biolóxico patóxeno|patóxenos]] que se necesita para causar unha infección varía de entre uns poucos a un (para o ''Cryptosporidium'') ata tantos como 10<sup>8</sup> (para a ''[[Vibrio cholerae]]'').<ref name=M93/>
 
=== Transmisión ===
A transmisión pode ocorrer a través do consumo de auga e alimentos contaminados ou cando a xente comparte obxectos persoais.<ref name=Web09/> Nas zonas nas que hai estacións chuviosas e secas, a calidade da auga empeora xeralmente durante a [[estación chuviosa]], e isto ten correlación co momento dos brotes. En [[Clima temperado|zonas do mundo con estacións]], as infeccións son máis comúns durante o inverno.<ref name=M93/> A alimentación a bebés por medio de [[biberón]]s non desinfectados correctamente é unha causa significativa de gastroenterite a escala mundial.<ref name=Web09/> As taxas de transmisión tamén están relacionadas a unha hixiene deficiente, en especial entre os nenos,<ref name=Eck2011/> en fogares abarrotados,<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Grimwood|nome=K.|apelidos2=Forbes|nome2= D. A.|título=Acute and persistent diarrhea.|revista=Pediatric clinics of North America|data=2009 Dec|volume=56|número=6|páxinas=1343–61|pmid=19962025|doi=10.1016/j.pcl.2009.09.004}}</ref> e naqueles con condicións nutricionais deficientes preexistentes.<ref name=M93/> Logo de desenvolver tolerancia, os adultos poden portar certos organismos sen presentar sinais ou síntomas, e actuar así como [[Reservorio natural|reservorios naturais]] de contaxio.<ref name=M93/> Aínda que algúns axentes (como a ''Shigella'') só se presenta en [[primates]], outros poden presentarse nunha ampla variedade de animais (como a ''Giardia'').<ref name=M93/>
Liña 71 ⟶ 72:
 
A [[artrite reactiva]] ocorre nun 1 % das persoas logo de sufrir infeccións pola especie ''Campylobacter'' e a [[síndrome de Guillain-Barré]] ocorre no 0,1%.<ref name=Bact2007/> A [[síndrome urémico hemolítico]] (SUH) pode presentarse como resultado da infección con [[Toxina Shiga|toxinas Shiga]] que producen as especies ''Escherichia coli'' ou ''Shigella'' e provocan [[trombocitopenia|contaxe baixa de plaquetas]], [[insuficiencia renal|funcionamento deficiente dos riles]] e [[anemia hemolítica|contaxe baixa de glóbulos vermellos]] (debido a súa descomposición).<ref name=BMJ2007/> Os nenos teñen maior predisposición a contraer SUH que os adultos.<ref name=M93/> Algunhas infeccións virais poden producir [[epilepsia|ataques infantís benignos]].<ref name=EBMED2010/>
 
== Diagnóstico ==
Polo xeral, a gastroenterite diagnosticase clínicamente en base aos sinais e síntomas da persoa. Non sempre é necesario determinar a causa exacta xa que iso non cambia o manexo da enfermidade.<ref name=Web09/> Con todo, deberíase realizar un [[Coprocultivo|cultivo de materia fecal]] naqueles que presentan sangue nas feces, aqueles que estiveron expostos a unha [[intoxicación alimentaria]] e aqueles que viaxaron recentemente a un país en vías de desenvolvemento.<ref name=Eck2011/> Tamén se poden realizar exames de diagnóstico por control. Xa que o 10 % dos bebés alimentados con leite materno e cativos pequenos desenvolven [[hipoglicemia]], recoméndase medir a [[glucosa]] sérica nesta poboación. Ademais deberíase comprobar o nivel de [[electrólito]]s e a [[creatinina|función renal]]<ref name=Tint10/> cando existe a preocupación dunha deshidratación aguda.<ref name=Webb2005/>
 
=== Deshidratación ===
Unha parte importante da avaliación é determinar se a persoa sofre ou non de [[deshidratación]]. Polo xeral, a deshidratación divídese en leve (3-5 %), moderada (6-9 %), e aguda (>10 %).<ref name=EBMED2010/> Nos nenos, os sinais máis precisos de deshidratación moderada ou aguda son un [[enchido capilar]] prolongado, unha [[turxencia cutánea]] deficiente e unha respiración anormal.<ref name=Tint10/><ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Steiner|nome=MJ|autor2=DeWalt, DA, Byerley, JS|título=Is this child dehydrated?|revista=JAMA : the Journal of the American Medical Association|data=2004 xuño 9|volume=291|número=22|páxinas=2746–54|pmid=15187057|doi=10.1001/jama.291.22.2746}}</ref> Outros achados útiles (cando se utilizan en combinación) inclúen: [[Enoftalmia|ollos afundidos]], diminución da actividade, falta de bágoas e boca seca.<ref name=EBMED2010/> A produción normal de ouriña e a inxestión oral de líquidos sen os vomitar de inmediato son síntomas tranquilizadores.<ref name=Tint10/> Os exames de laboratorio teñen pouco beneficio clínico á hora de determinar o grado de deshidratación.<ref name=EBMED2010/>
 
=== Diagnóstico diferencial ===
Débense descartar outras causas potenciais de sinais e síntomas que imitan aos que se ven na gastroenterite, incluíndo [[apendicite]], [[vólvulo]], [[enfermidade inflamatoria intestinal]], [[infección urinaria]] e [[diabetes mellitus]].<ref name=Webb2005/> Tamén se deben ter en conta a insuficiencia pancreática, [[síndrome do intestino curto]], [[enfermidade de Whipple]], [[Enfermidade celíaca|celiaquía]] e o abuso de [[laxante]]s.<ref name="Oxford">{{cita libro|editor=Warrell D.A., Cox T.M., Firth J.D., Benz E.J.|título=The Oxford Textbook of Medicine|editorial=Oxford University Press|ano=2003|isbn=0-19-262922-0|edición=4th|url=http://otm.oxfordmedicine.com/|dataacceso=28 de novembro de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120321002102/http://otm.oxfordmedicine.com/|dataarquivo=21 de marzo de 2012|urlmorta=si}}</ref> O diagnóstico diferencial pode ser algo complicado se a persoa presenta ''só'' vómitos ou diarrea (en lugar de ambas cousas).<ref name=EBMED2010/>
 
A apendicite pode presentar vómitos, dor abdominal e unha pequena cantidade de diarrea no 33 % dos casos. En contraste coa gran cantidade de diarrea que é típica da gastroenterite.<ref name=EBMED2010/> As infeccións nos pulmóns ou o tracto urinario nos nenos tamén poden causar vómitos ou diarrea. A clásica [[cetoacidose diabética]] (CAD) preséntase con dor abdominal, náusea e vómitos, pero non dá diarrea.<ref name=EBMED2010/> Un estudo descubriu que ao 17% de nenos con CAD diagnosticaraselle inicialmente unha gastroenterite<ref name=EBMED2010/>
 
== Prevención ==
[[Ficheiro:RotavirusV2009.gif|miniatura|Porcentaxe da proba do rotavirus con resultados positivos, por semana de control, Estados Unidos, xullo 2000 - xuño 2009.]]
Liña 84 ⟶ 89:
=== Estilo de vida ===
Para reducir as taxas de infección e a gastroenterite clínicamente significativas é importante ter fácil acceso a un fornezo de auga non contaminada e boas prácticas de saneamento.<ref name=M93/> Descubriuse que as medidas persoais (como o [[lavado de mans]]) reducen ata un 30 % a incidencia e taxa de prevalencia da gastroenterite nos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento.<ref name=Tint10/> Os xeles con alcohol tamén poden ser eficaces.<ref name=Tint10/> A [[lactancia materna]] é importante, en especial naqueles lugares cunha hixiene deficiente, así como a mellora da hixiene en xeral. O leite materno reduce tanto a frecuencia das infeccións como a súa duración. Evitar os alimentos ou bebidas contaminadas tamén debería ser efectivo.
 
=== Vacinación ===
Grazas a súa efectividade e seguridade, a Organización Mundial da Saúde recomendou no ano 2009 que a [[Rotavirus#Vacina|vacina contra o rotavirus]] se ofreza a todos os nenos a nivel mundial.<ref name=Sz2010/><ref name=WHORota2009>{{cita publicación periódica|autor=World Health Organization|título=Rotavirus vaccines: an update|publicación=Weekly epidemiological record|data=decembro do 2009|volume=51–52|número=84|páxinas=533–540|url=http://www.who.int/wer/2009/wer8451_52.pdf|dataacceso=10 de xullo do 2016 |lingua=es}}</ref> Na actualidade existen dúas vacinas comerciais contra o rotavirus e varias máis están en desenvolvemento.<ref name=WHORota2009/> En África e Asia estas vacinas reduciron a enfermidade aguda entre os bebés alimentados con leite materno<ref name=WHORota2009/> e os países que puxerón en funcionamento programas nacionais de vacinación viron unha diminución nas taxas e no nivel de gravidade da enfermidade.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Giaquinto|nome=C|autor2=Dominiak-Felden G, Van Damme P, Myint TT, Maldonado YA, Spoulou V, Mast TC, Staat MA|título=Summary of effectiveness and impact of rotavirus vaccination with the oral pentavalent rotavirus vaccine: a systematic review of the experience in industrialized countries|publicación=Human Vaccines|data=xullo do 2011|volume=7|series=7|páxinas=734–748|url=http://www.landesbioscience.com/journals/vaccines/article/15511/?nocache=1111012137|dataacceso=10 de maio de 2012|doi=10.4161/hv.7.7.15511|pmid=21734466}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Jiang|nome=V|autor2=Jiang B, Tate J, Parashar UD, Patel MM|título=Performance of rotavirus vaccines in developed and developing countries|publicación=Human Vaccines|data= xullo do 2010|volume=6|número=7|páxinas=532–542|url=http://www.landesbioscience.com/journals/vaccines/article/11278/?nocache=531156378|dataacceso=10 de maio de 2012 | pmid = 20622508 }}</ref> Esta vacina tamén pode axudar a previr a enfermidade nos nenos non vacinados ao reducir o número de infeccións en circulación.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Patel|nome=MM|autor2=Steele, D, Gentsch, JR, Wecker, J, Glass, RI, Parashar, UD|título=Real-world impact of rotavirus vaccination.|publicación=The Pediatric Infectious Disease Journal|data=xaneiro do 2011|volume=30|número=1 Suppl|páxinas=S1-5|pmid=21183833|doi=10.1097/INF.0b013e3181fefa1f}}</ref> Desde o ano 2000, a posta en funcionamento do programa de vacinación contra o rotavirus en Estados Unidos reduciu considerablemente o número de casos de diarrea, ata un 80 por cento.<ref name="CDC Rota">{{cita publicación periódica|autor=US Center for Disease Control and Prevention|título=Delayed onset and diminished magnitude of rotavirus activity—United States, November 2007 – May 2008|publicación=Morbidity and Mortality Weekly Report|ano=2008|volume=57|número=25|páxinas=697–700|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5725a6.htm|dataacceso=3 de maio de 2012}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|título=Reduction in rotavirus after vaccine introduction—United States, 2000–2009 |publicación=MMWR Morb. Mortal. Wkly. Rep. |volume=58 |número=41 |páxinas=1146–9 |data=outubro do 2009 |pmid=19847149|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5841a2.htm}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|apelido=Tate|nome=JE|autor2=Cortese, MM, Payne, DC, Curns, AT, Yen, C, Esposito, DH, Cortes, JE, Lopman, BA, Patel, MM, Gentsch, JR, Parashar, UD|título=Uptake, impact, and effectiveness of rotavirus vaccination in the United States: review of the first 3 years of postlicensure data.|publicación=The Pediatric Infectious Disease Journal|data=2011 Jan|volume=30|número=1 Suppl|páxinas=S56-60|pmid=21183842|doi=10.1097/INF.0b013e3181fefdc0}}</ref> A primeira dose da vacina débese dar aos bebés alimentados con leite materno entre as 6 e 15 semanas de idade.<ref name=Sz2010/> Descubriuse que a [[Cólera#Vacinaci.C3.B3n|vacina oral contra o cólera]] ten unha efectividade de entre o 50 e o 60 % logo de 2 anos.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Sinclair|nome=D|autor2=Abba, K, Zaman, K, Qadri, F, Graves, PM|título=Oral vaccines for preventing cholera.|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data=marzo do 2011 16|número=3|páxinas=CD008603|pmid=21412922|doi=10.1002/14651858.CD008603.pub2}}</ref>
 
==== Investigación doutras vacinas====
Hai varias [[vacina]]s contra a gastroenterite en desenvolvemento. Por exemplo, vacinas contra a Shigella e a «Escherichia coli» enterotoxigénica (ETEC), dúas das principais causas bacterianas da gastroenterite en todo o mundo.<ref name="WHO ETEC">{{cita web|autor=World Health Organization|título=Enterotoxigenic Escherichia coli (ETEC)|url=http://www.who.int/vaccine_research/diseases/diarrhoeal/en/index4.html|obra=Diarrhoeal Diseases|dataacceso=6/06/2015 |lingua=inglés}}</ref><ref name="WHO Shig">{{cita web|autor=World Health Organization|título=Shigellosis|url=http://www.who.int/vaccine_research/diseases/diarrhoeal/en/index6.html|obra=Diarrhoeal Diseases|dataacceso=6/06/2015}}</ref>
 
== Tratamento ==
A gastroenterite é, polo xeral, unha enfermidade aguda e autocontida.<ref name=NICE2009/> O tratamento de preferencia para aqueles que sofren unha [[deshidratación]] de leve a moderada son as [[sales de rehidratación oral]] (SRO).<ref name=BMJ2007/> A [[metoclopramida]] e/ou o [[ondansetrón]], con todo, poden ser útiles nalgúns nenos,<ref name="Alhashimi2009">{{cita publicación periódica|autor=Alhashimi D, Al-Hashimi H, Fedorowicz Z|apelido-editor1=Alhashimi |nome-editor1=Dunia |título=Antiemetics for reducing vomiting related to acute gastroenteritis in children and adolescents|publicación=Cochrane Database Syst Rev |número=2 |páxinas=CD005506 |ano=2009 |pmid=19370620|doi=10.1002/14651858.CD005506.pub4 }}</ref> e a [[butilescopolamina]] é útil para tratar a [[dor abdominal]].<ref>{{cita publicación periódica|autor=Tytgat GN |título=Hyoscine butylbromide: a review of its use in the treatment of abdominal cramping and pain |publicación=Drugs |volume=67 |número=9 |páxinas=1343–57 |ano=2007 |pmid=17547475 }}</ref>
 
=== Rehidratación ===
O tratamento principal da gastroenterite tanto en nenos como en adultos é a rehidratación. Isto lógrase preferiblemente administrando sales de rehidratación oral, aínda que a [[terapia intravenosa|intravenosa]] pode ser necesaria se existe unha diminución no nivel de conciencia ou se a deshidratación é grave.<ref>{{cita web |url=http://www.bestbets.org/bets/bet.php?ide=1039 |título=BestBets: A subministración de fluídos para o tratamento da gastroenterite en adultos}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|autor=Canavan A, Arant BS |título=Diagnose and management of dehydration in children |publicación=Am Fam Physician|volume=80 |número=7 |páxinas=692?6 |ano=outubro 2009 |pmid=19817339 }}</ref> Os produtos orais de substitución producidos con [[Polisacárido|carbohidratos complexos]] (é dicir, aqueles que conteñen trigo ou arroz) poden ser mellores que aqueles que conteñen azucres simples.<ref>{{cita publicación |autor=Gregorio GV, Gonzales ML, Dans LF, Martinez EG |apelido-editor1=Gregorio |nome-editor1=Xermana V |título=Polymer-based oral rehydration solution for treating acute watery diarrhoea |publicación=Cochrane Database Syst Rev |número=2 |páxinas=CD006519 |ano=2009 |pmid=19370638 |doi=10.1002/14651858.CD006519.pub2}}</ref> As bebidas especialmente altas en azucres simples, como as [[gasosa]]s e os zumes de froitas, non son recomendables en nenos menores de 5 anos xa que poden ''aumentar'' a diarrea.<ref name=NICE2009/> Pódese utilizar auga pura se os preparados máis específicos e eficaces de rehidratación oral non están dispoñibles ou non son agradables.<ref name=NICE2009/> Nos nenos pequenos pódese utilizar unha [[sonda nasogástrica]] para administrar fluídos se as circunstancias así o requirisen.<ref name=Webb2005/>
 
=== Alimentación ===
Recoméndase que os bebés alimentados con leite materno sigan sendo alimentados da forma normal e que os infantes alimentados con biberón sigan co seu leite de fórmula despois da rehidratación con SRO.<ref name=MMWR2003/> Polo xeral, os leites de fórmula sen lactosa ou baixas en lactosa non son necesarias.<ref name=MMWR2003/> Os nenos deben seguir coa súa alimentación normal durante os episodios de diarrea, pero débense evitar os alimentos altos en [[Monosacárido|azucres simples]].<ref name=MMWR2003/> A [[dieta BRAT]] (bananos, arroz, puré de mazá, tostadas e té) xa non se recomenda, xa que non contén suficientes nutrientes e non mostra ningún beneficio sobre a alimentación normal.<ref name=MMWR2003>{{cita publicación periódica|autor=King CK, Glass R, Bresee JS, Duggan C |título=Managing acute gastroenteritis among children: oral rehydration, maintenance, and nutritional therapy |publicación=MMWR Recomm Rep |volume=52 |número=RR-16|páxinas=1–16 |data= novembro 2003 |pmid=14627948 |url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/rr5216a1.htm}}</ref> Demostrouse que algúns [[probiótico]]s son beneficiosos para reducir tanto a duración da enfermidade como a frecuencia das deposicións.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Allen SJ, Martinez EG, Gregorio GV, Dans LF |apelidos-editor1=Allen |nome-editor1=Stephen J |título=Probiotics for treating acute infectious diarrhoea |publicación=Cochrane Database Syst Rev |volume=11 |número= 11|páxinas=CD003048 |ano=2010 |pmid=21069673 |doi=10.1002/14651858.CD003048.pub3 }}</ref> Ademais, poden ser útiles para previr e tratar a [[diarrea#Diarrea osmótica|diarrea asociada cos antibióticos]].<ref>{{cita publicación periódica|autores=Hempel S; Newberry, SJ; Maher, AR; Wang, Z; Miles, JN; Shanman, R; Johnsen, B; Shekelle, PG|título=Probiotics for the prevention and treatment of antibiotic-associated diarrhea: a systematic review and meta-analysis.|publicación=JAMA : the journal of the American Medical Association|data=9 de mayo de 2012|volume=307|número=18|páxinas=1959-69|pmid=22570464}}</ref> Os produtos a base de leite fermentado (como o [[iogur]]) presentan un beneficio similar.<ref>{{cita web|apelidos=Mackway-Jones|nome=Kevin|título=Does yogurt decrease acute diarrhoeal symptoms in children with acute gastroenteritis?|url=http://www.bestbets.org/bets/bet.php?id=1000|obra=BestBets|data=xuño 2007}}</ref> Os suplementos a base de [[zinc]] parecen ser eficaces no tratamento e a prevención da diarrea entre os nenos de países en vía de desenvolvemento.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Telmesani|nome=AM|título=Oral rehydration salts, zinc supplement and rota virus vaccine in the management of childhood acute diarrhea.|publicación=Journal of family and community medicine|data=maio 2010|volume=17|número=2|páxinas=79–82|pmid=21359029|doi=10.4103/1319-1683.71988|pmc=3045093}}</ref>
 
=== Antieméticos ===
Os medicamentos [[antiemético]]s poden ser útiles para tratar os vómitos nos nenos. O [[ondansetrón]] é dalgunha utilidade, unha dose única asóciase cunha diminución na necesidade de fluídos intravenosos, menos hospitalizacións e menos vómitos.<ref>{{cita publicación periódica|autor=DeCamp LR, Byerley JS, Doshi N, Steiner MJ |título=Use of antiemetic agents in acute gastroenteritis: a systematic review and meta-analysis |publicación=Arch Pediatr Adolesc Med|volume=162 |número=9 |páxinas=858–65 |data=setembro 2008 |pmid=18762604|doi=10.1001/archpedi.162.9.858 }}</ref><ref name="pmid17279195">{{cita publicación periódica| autor = Mehta S, Goldman RD| título = Ondansetron for acute gastroenteritis in children| publicación = Can Fam Physician| volume = 52| número = 11| páxinas = 1397–8| ano = 2006| pmid = 17279195 | url =http://www.cfp.ca/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=17279195 |pmc = 1783696 }}</ref><ref name=Cochrane2011/> A [[metoclopramida]] tamén pode ser útil.<ref name=Cochrane2011>{{cita publicación periódica|apelido=Fedorowicz|nome=Z|apelido2=Jagannath |nome2= VA |apelido3= Carter |nome3= B|título=Antiemetics for reducing vomiting related to acute gastroenteritis in children and adolescents.|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data= 7de setembro do 2011|volume=9|páxinas=CD005506|pmid=21901699|doi=10.1002/14651858.CD005506.pub5|número=9}}</ref> Con todo, o uso do ondansetrón pode estar conectado a un aumento na taxa de regreso ao hospital en nenos.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Sturm JJ, Hirsh DA, Schweickert A, Massey R, Simon HK|título=Ondansetron use in the pediatric emergency department and effects on hospitalization and return rates: are we masking alternative diagnoses?|publicación=Ann Emerg Med |volume=55 |número=5 |páxinas=415–22 |data=maio 2010 |pmid=20031265 |doi=10.1016/j.annemergmed.2009.11.011 }}</ref> O preparado intravenoso de ondansetrón pódese administrar oralmente se o xuízo clínico o xustifica.<ref>{{cita web|título=Ondansetron|url=http://www.merckmanuals.com/professional/print/lexicomp/ondansetron.html|obra=Lexi-Comp|data=maio 2011}}</ref> O [[dimenhidrinato]], aínda que reduce os vómitos, non parece presentar un beneficio clínico importante.<ref name=EBMED2010/>
 
=== Antibióticos ===
Polo xeral, os antibióticos non adoitan utilizarse para a gastroenterite, aínda que algunhas veces recoméndanse se os síntomas son especialmente graves<ref>{{cita publicación periódica |autor=Traa BS, Walker CL, Munos M, Black RE |título=Antibiotics for the treatment of dysentery in children |publicación=Int J Epidemiol|volume=39 |número=Suppl 1 |páxinas=i70–4 |ano= abril 2010|pmid=20348130 |pmc=2845863 |doi=10.1093/ije/dyq024 }}</ref> ou se se illa ou se sospeita dunha posible causa bacteriana.<ref>{{cita publicación periódica |autor=Grimwood K, Forbes DA |título=Acute and persistent diarrhea |publicación=Pediatr. Clin. North Am. |volume=56 |número=6 |páxinas=1343–61 |ano= decembro 2009 |pmid=19962025 |doi=10.1016/j.pcl.2009.09.004 }}</ref> Se se han de empregar antibióticos, un [[macrólido]] (como a [[azitromicina]]) é máis preferible que unha [[fluoroquinolona]] debido a unhas taxas de resistencia máis altas a esta última.<ref name=Bact2007/> A [[colite pseudomembranosa]], cuxa causa máis habitual é o uso de antibióticos, manéxase discontinuando o axente causante e tratándoa con [[metronidazol]] o [[vancomicina]].<ref name="Mandell">{{cita libro |nome1=Gerald L. |apelido1=Mandell |nome2=John E. |last2=Bennett |first3=Raphael |last3=Dolin |title=Mandell's Principles and Practices of Infection Diseases |publisher=Churchill Livingstone |year=2004 |isbn=0-443-06643-4 |edición=6th |url=http://www.ppidonline.com/ |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20131018175309/http://www.ppidonline.com/ |dataarquivo=2013-10-18 |df= }}</ref> As bacterias e protozoos que son susceptibles a tratamento inclúe a ''[[shigelose|shigella]]'',<ref>{{cita publicación periódica|apelido=Christopher|nome=PR|autor2=David, KV, John, SM, Sankarapandian, V|título=Antibiotic therapy for Shigella dysentery.|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data=2010 Aug 4|número=8|páxinas=CD006784|pmid=20687081|doi=10.1002/14651858.CD006784.pub4}}</ref> a ''[[Salmonelose|salmonela typhi]]'',<ref>{{cita publicación|apelido=Effa|nome=EE|autor2=Lassi, ZS, Critchley, JA, Garner, P, Sinclair, D, Olliaro, PL, Bhutta, ZA|título=Fluoroquinolones for treating typhoid and paratyphoid fever (enteric fever).|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data=2011 Oct 5|número=10|páxinas=CD004530|pmid=21975746|doi=10.1002/14651858.CD004530.pub4}}</ref> e as especies de ''Giardia''.<ref name=Giar2010/> Naqueles que teñan '' Giardia'' ou '' Entamoeba histolytica'', recoméndase tratar con [[tinidazol]] xa que é mellor que o metronidazol.<ref name=Giar2010/><ref>{{cita publicación periódica|apelido=Gonzales|nome=ML|autor2=Dans, LF, Martinez, EG|título=Antiamoebic drugs for treating amoebic colitis.|publicación=Cochrane database of systematic reviews (Online)|data=2009 Apr 15|número=2|páxinas=CD006085|pmid=19370624|doi=10.1002/14651858.CD006085.pub2}}</ref> A [[Organización Mundial da Saúde]] (OMS) recomenda o uso de antibióticos en nenos pequenos que presentan diarrea sanguinolenta e febre.<ref name=EBMED2010/>
Liña 101 ⟶ 113:
=== Antiespasmódicos ===
Os antiespasmódicos presentan un risco teórico de causar complicacións e, aínda que a experiencia clínica demostrou que é pouco probable,<ref name="Oxford"/> desaconséllase utilizar estes medicamentos en xente con diarrea sanguinolenta ou diarrea que se complica con febre.<ref name="Harrison">{{cita libro|título=Harrison's Principles of Internal Medicine|editorial=McGraw-Hill|isbn=0-07-140235-7|edición=16th|url=http://books.mcgraw-hill.com/medical/harrisons/|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120804162006/http://books.mcgraw-hill.com/medical/harrisons/|dataarquivo=04 de agosto de 2012|dataacceso=20 de agosto de 2018|urlmorta=si}}</ref> A [[loperamida]], un [[opioide]] análogo, úsase comunmente para o tratamento sintomático da diarrea.<ref name="SleisengerFordtran">{{cita libro|nome1=Mark|apelido1=Feldman|nome2=Lawrence S.|apelido2=Friedman|nome3=Marvin H.|apelido3=Sleisenger|título=Sleisenger & Fordtran's Gastrointestinal and Liver Disease|editorial=Saunders|ano=2002|isbn=0-7216-8973-6|edición=7th|url=http://www.elsevier-international.com/catalogue/title.cfm?isbn=0721689736}}</ref> A loperamida, con todo, non se recomenda en nenos, xa que pode cruzar a barreira [[sangue]]/[[cerebro]] inmatura e causar toxicidade. O [[subsalicilato de bismuto]], un complexo insoluble de [[bismuto]] trivalente e salicilato, pode utilizarse en casos leves ou moderados,<ref name="Oxford"/> pero o envelenamento por [[ácido salicílico]] é teoricamente posible.<ref name=EBMED2010/>
 
== Investigación ==
Hai varias vacinas contra a gastroenterite en desenvolvemento. Por exemplo, vacinas contra a Shigella e a « Escherichia coli» enterotoxigénica ( ETEC), dúas das principais causas bacterianas da gastroenterite en todo o mundo.<ref name="WHO ETEC"/><ref name="WHO Shig">{{cita web|editor=World Health Organization|título=Shigellosis|url=http://www.who.int/vaccine_research/diseases/diarrhoeal/en/index6.html|obra=Diarrhoeal Diseases|dataacceso=30 de outubro do 2019 |lingua= en}}</ref>