Foedus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''''Foedus''''' é o nome que recibe o pacto que estabelecía o [[Imperio Romano]] con diversos pobos e con diferentes fins. Normalmente eran de tipo político e militar dándose axuda mutua a cambio dalgunha garantía.
 
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pirenaicos no outono do ''409'' e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xermánicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza ''[[de facto]]'' no marco dos territorios que ocupaban.
 
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do máis conveniente. Desde o punto de vista xermánico porque o bandoleirismo non era forma de vida posíbel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarían a facer os [[vándalos]]. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantía a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e podería atender os asuntos que reclamaban a súa presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.