Septimio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 25:
Tivo unha gran cultura grega e latina, interesándose pola [[filosofía]] e [[astroloxía]]. Era máis supersticioso que relixioso, pois coidaba e daba máis saña aos [[oráculo]]s, [[soño]]s e [[horóscopo]]s, estando imbuído polo misticismo oriental, en parte influído pola súa dona,filla do sumo sacerdote de [[Baal]] en Siria. Nun primeiro intre amosouse tolerante cos cristiáns, elixindo un preceptor cristián para o seu fillo Caracalla, pero trocou despois da guerra pártica e incluso disgregando a Escola de Alexandría. A súa esposa rodeouse dun grupo de intelectuais, entre os que destacaba [[Filóstrato]]. Prestou especial atención ao embelecemento de Roma con novas construcións, como o Arco que leva o seu nome, erguido despois das súas campañas en Oriente. Restaurou o templo de Vesta, Vespasiano, o pórtico de Octavio, o Panteón, o teatro de Pompeio etc, comezando a construción das [[termas de Caracalla]] e do Trastevere, rematadas no [[216]].
 
No [[208]], acompañado da súa esposa e os seus fillos e o prefecto do pretorio Papiniano marchou cara a Britania para conquistar toda a illa. O tipo de guerra que facían os nativos, de guerrilla, non se prestaba á loita tradicional das armas romanas. Morre en EburacunmEburacum ([[York]]) o [[4 de febreiro]] do ano [[211]], e existen dúbidas históricas se foi de morte natural ou envelenado polo seu fillo Caracalla, xa que foi aquí onde se destapou o odio mutuo entre os seus fillos e futuros emperadores, [[Xeta]] e [[Caracalla]].
 
{{Gobernante|