Parque Nacional das Illas Atlánticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ampliación, véxanse referencias.
Liña 384:
Existen restos arqueolóxicos en case todo o territorio das illas atlánticas, en particular nas Cíes e nas Ons.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Os restos do [[paleolítico]] e [[neolítico]] non permiten identificar asentamentos estables nas illas. Porén, nas Cíes atopáronse [[Biface|bifaces]] e poutadas empregadas para a [[pesca]] ou [[marisqueo]] e nas Ons raspadores feitos de [[gneis]] e tallados en [[Granito|granitos]] destes períodos. Así mesmo, preto do Montefaro das Cíes destaca un posible lugar de culto druída e unha ara de [[Sacrificio humano|sacrificios]]. Nas Ons existen petroglifos na Chan da Pólvora e na Laxe.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
As illas na [[Idade de Ferro|idade de ferro]] si estiveron poboadas pois existen [[Cultura castrexa|castros]] e restos de poboados deste período. Nas Cíes destaca o castro das Hortas pois acolleu ata cinco videndas con restos de [[cerámica]], aras ou ferramentas de pesca. Nas Ons atópase outro castro no Alto da Altura, o chamado castelo dos Mouros. Ao pé deste castro existe unha cova, chamada cova dos mouros, e que puido ser a entrada ao castro. No norte das Ons está tamén o Castro da Cova da Loba. Ademais, na Cortegada existen restos de cerámica deste período.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Durante o [[Imperio Romano|período romano]] tamén houbo unha ocupación das illas e quedan restos del. Nas Cíes atopáronse ánforas, colares e mesmo un anel cunha inscrición que indica que puido ser de tipo militar. Nas Ons existe a factoría de salazón na praia de Canexol así como gravados na Laxe, e que se denominan petroglifos, que datan do [[século IV]] a C. alao [[Século II|II]] d.C. Na Cortegada achñaronseacháronse varias ánforas e pecios desta época.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
===Patrimonio arquitectónico===
A illa de Ons, a habitada de xeito máis constante durante a historia, destaca pola súas casas mariñeiras e [[Hórreo galego|horreos]], así como as fontes e lavadoiros. Estas seguen en uso grazas a ser unhas illas habitadas. Nas Cíes tamén destaca patrimonio como os muíños de sifón da enseada da Concela. Igualmente Sálvora e Cortegada tiveron as súas aldeas abandonadas, arestora abandonadas.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Tanto nas Cíes como nas Ons destacan as fortificacións do [[século XIX]]. Nas Ons, arredor do faro, existen a fortificación de Pereiró e a do Curro, a chamada castelo da Roda. Nas Cíes e preto da praia de Nosa Señora da Monteagudo, están presentes os almacéns de [[Artillaría|artillería]], o cuartel de carabineiros e o cárcere.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
En Sálvora destaca o pazo dos Marqueses, o cal se construíu en [[1779]] a fío da fábrica de salazón do Almacén. Conta ademais con monumentos como curces conmemorativas dos naufraxios, como a Serea do Mar ou o cruceiro do buque Santa Isabel.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
En Cortegada cómpre citar aos restos do hospital de [[1652]], que se abandonou no [[século XVIII]], e das ruínas dun cuartel.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
<gallery>
Illa_de_Ons_Canexol_a_Pereiró_1.jpg|Hórreo no Canexol, nas Ons.
Liña 404:
 
====Faros====
Nas Cíes existen catro faros. Un atópase na illa Sur e os outros tres na illa Norte. O primeiro faro construído foi o das Cíes en [[1852]], que se atopa no Monte FaroMontefaro. Os outros tres, o do Peito, do Príncipe e o de Bicos, construíronse dentro do [[século XX]] para sinalizar as chegadas á [[ría de Vigo]].<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
A Ons conta co Faro de Ons, que se construíu en [[1865]] no monte do Cucurno. Este faro volveuse a contruír sobre do primeiro en [[1926]], engadíndolle vivendas, almacén e un taller.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
En Sálvora atópase o faro incialmente construído en [[1852]] na punta Besugueiros. Creouse outro novo no lugar do anterior en [[1921]] e que segue en activo.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Os faros das Ons e Sálvora atópanse en funcionamento con persoal neles. O faros das Cíes funcionan de xeito automatizado.<ref name="PNMTIAGGuia"/>
Liña 418:
 
===Patrimonio relixioso===
Nas Cíes atópase unha capela e un altar así como un mosteiro, todos de orixe recente. O mosteiro é o de Santo Estevo e atópase na illa do Faro. A capela está adicada á [[virxe do Carme]] e data de [[1963]]. Xa na súa illa do Sur existe un pequeno altar de [[1930]] e que foi empregado por unha sociedade de caza.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Nas Ons están por unha parte a capela de San Xaquín e a súa casa reitoral no Canexol así como unha igrexa recente, ubicada no barrio do Curro tamén co seu cruceiro e cemiterio.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
 
Na illa de Sálvora atópase a capela de Santa Catarina, a cal foi unha taberna no seu momento. Na illa de Cortegada quedan restos dunha ermida, a da virxe de Cortegada, e dun mosteiro. A ermida de Cortegada, que arestora está en ruínas, data do [[século XIV]] e mudouse unha vez de lugar na illa. Así mesmo en Cortegada existen varios cruceiros, como o da punta Corveiro ou o da capela na Malveira Grande.<ref name="PNMTIAGGuia"/><ref name="PORNPNIAG2018"/>
<gallery>
Cruz_cristiana.001_-_Islas_Cies.JPG |Cruz cristiá nas Cíes.