Cinema de terror: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Segundo nivel, separado por un espazo
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 5:
Nestes primeiros “films”, as técnicas de efectos especiais procedían das usadas no teatro, ou de métodos clásicos, como a "lanterna máxica". As historias alimentábanse da literatura e o folklore popular. A primeira adaptación de [[Frankenstein]] rodábanse no ano 1910. Poucos anos despois, no ano 1913, [[George Fuchs]] fundou o Artistic Theatre en [[Munich]], onde se asentarían as bases da escenografía expresionista. O expresionismo alemán tería como tema esencial o terror, como demostra “o estudante de Praga”, de [[Paul Wegener]], estreada no ano 1913.
 
Mentres, nos [[Estados Unidos]], un coñecido actor de teatro debuta no cinema. Coñecido como "o Home das 1000 caras", [[Lon Chaney]] sería máis tarde a primeira grangrande estrela do cinema de terror.
No ano 1917, Chaney interpretará a "Alonso", o home sen brazos do circo, que se lle amputaría realmente polo amor da Estreliña ([[Joan Crawford]]) nas “Gadoupas Humanas”, uns dos primeros films do director [[Tod Browning]]. Chaney e o expresionismo alemán proporciónanos as películas máis memorábeis da época. Aló polo ano 1917, [[Robert Wiene]] plasma as constantes do cine expresionista no “Gabinete do Doctor Caligari”, ó igual que faría [[Murnau]] no ano 1922 con “Nosferatu”, “o Vampiro”, primeira versión do relato “Drácula” de [[Bram Stoker]].