Stock Aitken Waterman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: it:Stock, Aitken & Waterman
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 5:
O éxito sen precedentes de Stock, Aitken e Waterman debeuse a unha calculada e esmerada liña de produción, dende a captación de novos artistas, pasando pola fase de composición e arranxos, a pulcritude no proceso de gravación e mestura e finalmente a campaña de lanzamento. Ao marxe das críticas cara o círculo mainstream cabe facer fincapé en que gran parte do éxito obtido fundaméntase na consecución dun estilo moi persoal que tivo unha masiva acollida principalmente en [[Europa]] e paises da [[Commonwealth]].
 
De raíz eminentemente tecnolóxica e bailable, a súa música apóiase no recoñecemento de certos patróns e clixés aínda que sen caer nunha tesitura forzosamente simple e/ou obvia. A efectos de harmonía son relevantes, por exemplo, as rodas de acordes, habitualmente complexas e cheas de tensións, e a súa evolución ó longo das composicións, a salientar os cambios pouco convencionais de intervalo tonal nas transicións e enlazadas dentro da súa estrutura (sobretodo entre o retrouso e a estrofa e entre o retrouso e a ponte), así coma o xeito de resolve–las pontes. Nas liñas de baixo atopamos dous patróns claramente diferenciados: por unha banda os de motivo [[funk]] e por outra os de tipo ''sequenced–bass'' máis propios do [[synth–pop]] e en ocasións moi preto do [[techno]]. Outro dos puntos fortes é a grangrande orquestración nas composicións (seccións de corda e metal) e a masiva aplicación de arranxos e ornamentación harmónica. En canto ó ritmo, baséase en patróns disco aínda que con movemento sincopado, situándoo moitas veces preto do [[funk]] e do [[house]] da primeira época, en especial cando empregan percusión de [[caixa de ritmos]] analóxica. En liñas xerais o color do son é brillante, cheo de ''reverbs'' amplias e ''delays'' sincrónicos.