Carbohidrato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 112:
 
== Aplicacións ==
Os carbohidratos utilízanse para fabricar tecidos na industria téxtil, [[película fotográfica|películas fotográficas]], [[plástico]]s e outros produtos. A [[celulosa]] pode converterse en [[raión viscosa|raión de viscosa]] e produtos de [[papel]]. O [[nitrato de celulosa]] (nitrocelulosa) utilízase en películas de cine, [[Cemento (construción)|cemento]], [[pólvora de algodón]], [[celuloide]] e tipos similares de plásticos. A [[goma arábiga]] úsase en [[medicamentos demulcentes]]. O [[Ágar-ágar|ágar]], un compoñente dalgúns [[laxante]]s, utilízase como axente espesante nos alimentos e como medio para o [[cultivo bacteriano]] en [[placa de ágar|placas de ágar]]; tamén na preparación de materiais [[adherente|adhesivo]]s, de encolado e [[emulsión]]s. A [[hemicelulosa]] emprégase para modificar o papel durante a súa fabricación. Os [[dextrano]]s son polisacáridos utilizados en medicina como expansores de volume do [[plasma sanguíneo]] para contrarrestar as conmocións agudas. Outro carbohidrato, o sulfato de [[heparina]], é un [[anticoagulante]] do [[sangue]].
 
Son importantes na industria alimentaria xa que: Dan sabor doce aos alimentos, o que aumenta a súa aceptación polo consumidor. Igualmente, axudan a fixar o sabor dos alimentos. Nalgún caso, actúan como axentes conservadores dos alimentos. Os polisacáridos actúan como estabilizantes. Contribúen á textura característica dos alimentos. O [[amidón]] e a [[pectina]], un axente coagulante, úsase na preparación de [[alimento]]s para o [[ser humano|home]] e o [[gando]].