Resistencia a antibióticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''resistencia a antibióticos''' é a resistencia que adquiren as [[bacteria]]s a un [[antibiótico]] ao que normalmente eran sensibles de forma natural. A resistencia a antibióticos forma parte dun concepto máis amplo que é a '''resistencia a antimicrobianos''', que se aplica a todos os [[microbio]]s e a outras substancias antimicrobianas,<ref name=ARM>{{Cita web|title=Review on Antimicrobial Resistance|url=http://amr-review.org/|website=amr-review.org|accessdate=20 de maio de 2016}}</ref><ref name=WHO2014>{{Cita web |title=Antimicrobial resistance Fact sheet N°194|url=http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs194/en/|website=who.int|accessdate=7 de marzo de 2015|date=abril de 2014}}</ref> e que se define como a capacidade adquirida por un microorganismo de resistir os efectos dun axente quimioterapéutico ao que é sensible habitualmente.<ref name=Brok>M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brok. Biología de los microorganismos. 10ª edición (2003). Pearson-Prentice Hill. Páxinas 711-713. ISBN 84-205-3679-2.</ref> Algunhas bacterias son insensibles a certos antibióticos de forma natural (por exemplo, unha bacteria que non ten parede, como un [[micoplasma]], é insensible a un antibiótico que afecte á parede). Outros modos de facerse resistentes é por medio de [[mutación]]s; ou por adquirir resistencia cedida por outra especie ou cepa bacteriana (por exemplo, pode pasarlle un [[plásmido]] con [[xene]]s de resistencia).<ref>{{Cita web|title = General Background: About Antibiotic Resistance|url = http://www.tufts.edu/med/apua/about_issue/about_antibioticres.shtml|website = www.tufts.edu|accessdate = 2015-10-30|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20151023035356/http://www.tufts.edu/med/apua/about_issue/about_antibioticres.shtml|dataarquivo = 23 de outubro de 2015|urlmorta = si}}</ref> A resistencia pode aparecer espontaneamente debido a mutacións aleatorias que aparecen de repente; ou máis comunmente por unha selección gradual co tempo, e a causa do mal uso de antibióticos e antimicrobianos.<ref name="About Antimicrobial Resistance">{{Cita web|title = About Antimicrobial Resistance|url = http://www.cdc.gov/drugresistance/about.html|website = www.cdc.gov|accessdate = 2015-10-30}}</ref> Os microbios resistentes son máis difíciles de tratar, e requiren o uso de medicamentos alternativos ou de altas doses, o que pode ser máis custoso e ter máis efectos tóxicos. Os microbios resistentes a múltiples antimicrobianos denomínanse [[resistencia múltiple a fármacos|resistentes a multifármacos]] ou drogas; ou ás veces, informalmente, superbmicrobios ou superbichos.<ref name="cdcgetsmart">{{Cita web |title=Antibiotic Resistance Questions & Answers|url=http://www.cdc.gov/getsmart/antibiotic-use/antibiotic-resistance-faqs.html#e|work=Get Smart: Know When Antibiotics Work|publisher=Centers for Disease Control and Prevention, USA|accessdate=20 de marzo de 2013|date=30 de xuño de 2009}}</ref> A resistencia antimicrobiana é responsable dun aumento de millóns de mortes ao ano,<ref name="WHO 2014">{{Cita web | url=http://www.who.int/drugresistance/documents/surveillancereport/en/ | title=Antimicrobial resistance: global report on surveillance 2014 | publisher=WHO | work=WHO | date=abril de 2014 | accessdate=9 de maio de 2015 | author=WHO}}</ref> e está xerando unha crecente preocupación en medicina. Hai agora unhas poucas infeccións que son completamente intratables debido á resistencia. Todas as clases de microbios desenvolven resistencia; nos fungos hai resistencia a [[antifúnxico]]s; nos [[virus]] hai resistencia a [[antiviral|antivirais]] (e ademais son resistentes a todos os antibióticos de forma natural); nos [[protozoo]]s hai resistencia a [[antiprotozoario]]s; e nas [[bacteria]]s hai resistencia a [[antibiótico]]s.
 
Os antibióticos só deberían utilizarse cando é necesario por prescrición dos profesionais da saúde.<ref name="Swedish">{{Cita libro |title = Swedish work on containment of antibiotic resistance – Tools, methods and experiences|publisher = Public Health Agency of Sweden|year = 2014|isbn = 978-91-7603-011-0|url = http://www.folkhalsomyndigheten.se/pagefiles/17351/Swedish-work-on-containment-of-antibiotic-resistance.pdf|location = Stockholm|pages = 16–17, 121–128}}</ref> O prescritor debería seguir os cinco principios para a administración de fármacos: que sexa o paciente adecuado, o fármaco adecuado, a dose correcta, a ruta correctra, e o tempo correcto.<ref>{{Cita web|title = The Five Rights of Medication Administration|url = http://www.ihi.org/resources/pages/improvementstories/fiverightsofmedicationadministration.aspx|website = www.ihi.org|accessdate = 2015-10-30}}</ref> Son preferibles os antibióticos de curto espectro aos de amplo espectro sempre que sexa posible, xa que atacar de forma efectiva e axeitada a organismos específicos é menos probable que cause resistencia.<ref name="NPS2013">{{Cita web|title = Duration of antibiotic therapy and resistance|url = http://www.nps.org.au/publications/health-professional/health-news-evidence/2013/duration-of-antibiotic-therapy|website = NPS Medicinewise|publisher = National Prescribing Service Limited trading, Australia|accessdate = 22 de xullo de 2015|date = 13 de xuño de 2013|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20150723074759/http://www.nps.org.au/publications/health-professional/health-news-evidence/2013/duration-of-antibiotic-therapy|dataarquivo = 23 de xullo de 2015|urlmorta = si}}</ref> Deberían facerse [[cultivo microbiolóxico|cultivos]] antes do tratamento sempre que sexa indicado e o tratamento debería cambiarse baseándose nos datos de susceptibilidade.<ref name="CDC Mission">{{Cita web |title = CDC Features – Mission Critical: Preventing Antibiotic Resistance|url = http://www.cdc.gov/Features/AntibioticResistance/index.html|website = www.cdc.gov|accessdate = 2015-07-22}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |title = General Principles of Antimicrobial Therapy|url = http://www.mayoclinicproceedings.org/article/S0025-6196(11)60140-7/pdf|journal = Mayo Clinic Proceedings|date = 2011-01-01|pmc = 3031442|pmid = 21282489|volume = 86|issue = 2|doi = 10.4065/mcp.2010.0639|first = Surbhi|last = Leekha|first2 = Christine L.|last2 = Terrell|first3 = Randall S.|last3 = Edson|pages=156–167}}</ref> Para as persoas que teñen que tomar estes medicamentos en casa a información sobre o seu uso correcto é esencial. A hixiene e desinfección durante os coidados sanitarios é moi importante para evitar o espallamento de patóxenos e a necesidade de usar antibióticos.<ref name="CDC Mission" />
 
O aumento da resistencia aos antimicrobianos pode atribuírse a tres causas: uso incorrecto dos antibióticos na poboación humana; na poboación animal; e o espallamento de cepas resistentes entre fontes humanas e non humanas.<ref name="About Antimicrobial Resistance"/> Os antibióticos incrementan a [[presión selectiva]] en poboaciósns bacterianas, causando que as bacterias vulnerables morran, pero as bacterias resistentes sobreviven e seguen crecendo, polo que se incrementa progresivamente a porcentaxe de bacterias resistentes na poboación, e é máis probable que a seguinte infección sexa causada por unha bacteria resistente. Conforme a resistencia aos antibióticos se está facendo máis común hai unha maior necesidade de tratamentos alternativos, con novas terapias antibióticas, aínda que o desenvolvemento de novos antimicrobianos é raro.<ref>{{Cita publicación periódica |last1=Cassir|first1=N|last2=Rolain|first2=JM|last3=Brouqui|first3=P|title=A new strategy to fight antimicrobial resistance: the revival of old antibiotics.|journal=Frontiers in microbiology|date=2014|volume=5|pages=551|pmid=25368610|doi=10.3389/fmicb.2014.00551|pmc=4202707}}</ref> Hai moitos programas nacionais e internacionais que monitorizan os programas sobre a ameaza da resistencia microbiana aos fármacos. Exemplos de bacterias resistentes incluídas neste programa son: [[Staphylococcus aureus resistente á meticilina|''Staphylococcus aureus'' resistente á meticilina]] (SARM), [[Staphylococcus aureus resistente á vancomicina|''S. aureus'' resistente á vancomicina]], bacterias produtoras de [[Beta-lactamase|beta-lactamase de espectro ampliado]] (ESBL), [[Enterococcus resistente á vancomicina|''Enterococcus'' resistente á vancomicina]], [[Acinetobacter baumannii|''Acinetobacter baumannii'' resistente a multifármacos]].<ref name="CDC2013" />
Liña 143:
Durante moito tempo pensouse que para que un microorganismo se fixese resistente a antibióticos, debía estar nunha gran poboación. Porén, descubrimentos recentes indican que non hai necesidade de que existan grandes poboacións de bacterias para que apareza resistencia. Pequenas poboacións de ''E. coli'' nun gradiente de antibióticos poden facerse resistentes. Calquera ambiente heteroxéneo con respecto a un nutriente e gradientes de antibióticos pode facilitar o desenvolvemento de resistencia en pequenas poboacións bacterianas e isto tamén é certo para o corpo humano. Os investigadores hipotetizan que o mecanismo de desenvolvemento de resistencia está baseado en catro mutacións [[SNP]] no xenoma de ''E. coli'' producidos polo gradiente de antibióticos.
 
A resistencia a antibióticos pode estar codificada polo microorganismo no ADN cromosómico ou en [[plásmido]]s, chamdaos plásmidos R (de resistencia). A maioría das mutacións que se detectan en [[cultivo microbiolóxico|cultivos de laboratorio]] que foron antes sensibles a antibióticos encóntranse no ADN cromosómico, e adoitan ser modificacións da diana do antibiótico, pero na maioría das bacterias resistentes illadas de pacientes os xenes de resistencia están en plásmidos, que adoitan codificar encimas que inactivan o antibiótico, impiden que se incorpore ás células ou bombéano fóra. Moitos plásmidos R confiren resistencia a varios antibióticos.<ref name=Brok/>
 
== Organismos ==
Liña 247:
* [[cloranfenicol]]
 
Na industria, o uso da resistencia de antibióticos está desfavorecida, xa que manter os [[cultivo bacteriano|cultivos bacterianos]] requeriría utilizar grandes cantidades de antibióticos. Prefírese o uso de cepas bacterianas [[auxotrófico|auxotróficas]] e plásmidos de substitución de función.
 
== Notas ==