Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎As terras baixas: arranxiños
Liña 12:
 
== Definición de Mesoamérica ==
[[Ficheiro:Mesoamerica (orthographic projection) with borders.svg|miniatura|Mapa de Mesoamérica.]]
Desde que creceu o interese polas culturas indíxenas de América Central e [[México]], os especialistas enfrontáronse ao problema de interpretar os datos dispoñibles sobre os pobos indíxenas. Os importantes avances nas investigacións arqueolóxicas no centro de México -particularmente en [[Oaxaca]], onde [[Alfonso Caso]] encabezaba as escavacións en [[Monte Albán]]- e na área maia -co equipo de Ricketson investigando [[Uaxactún]]- mostraban que entre esas rexións, consideradas alleas entre si ata a década de 1940, había grandes coincidencias culturais que requirían unha explicación.<ref>Litvak, 1985: 374-375.</ref>