Diferenzas entre revisións de «Noruega»

sen resumo de edición
(Outros artigos.)
Durante a [[segunda guerra mundial]], a [[Alemaña Nazi]] executa a Operación Weserübung, que invade Noruega e [[Dinamarca]] simultaneamente o [[9 de abril]] de [[1940]]. Dinamarca réndese, mais a Noruega, que posuía unha das maiores frotas marítimas europeas, ademais da súa localización próxima á costa [[Reino Unido|británica]], resiste durante dous meses mentres que as tropas [[Unión Soviética|soviéticas]] entran en territorio noruegués para actuar contra os [[Finlandia|finlandeses]] e cidades como Narvik, Oslo ou Stavanger se vían entre o poder británico e nazi. Igualmente tensa era a situación na fronteira con [[Suecia]], que permaneceu neutra a pesar das frecuentes ameazas de invasión. En [[1949]], Noruega convértese nun dos membros fundadores da [[OTAN]].
 
Na segunda metade do [[século XX]], co desenvolvemento da industria do petróleo, Noruega emerxeu como un dos países máis desenvolvidos do mundo, fortalecendo [[coroa norueguesa|súa moeda]] e desenvolvendo políticas de ben estar social. Foi un dos membros fundadores das [[Nacións Unidas]] e rexeitou mediante referendo o seu ingreso na [[Unión Europea]] en dúas ocasións ([[1972]] e [[1994]]), mais vencellouse a ela coa entrada nona área de economía europea.
 
== Xeografía ==
20.573

edicións