Anfitrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: el:Αμφιτρύωνας
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 1:
'''Anfitrión''', na [[mitoloxía grega]], era fillo de [[Alceo]] e home de [[Alcmena]].<br>
[[Pterelao]] devastara o reino de [[Electrión]], tío de Anfitrión, roubando o tesouro da cidade e matando aos oito fillos de Electrión, este para vingar os fillos e recuperar o tesouro da cidade xunta un grangrande exército e deixa a Anfitrión como rexente, prometéndolle como esposa á súa filla Alcmena.
Mentres Electrión combatía, o rei de Elide enviou un mensaxeiro a [[Micenas]] anunciando que o tesouro estaba no seu poder e que o restituiría a cambio dun rescate. Anfitrión aceptou, pero á volta de Electrión, acusáronno de complicidade cos ladróns e mata accidentalmente a Electrión. Esténelo, irmán de Electrión e tío de Anfitrión, toma posesión de Micenas e exilia a Anfitrión a [[Tebas, Grecia|Tebas]] con Alcmena, onde o rei [[Creonte]] lles dá asilo. Alcmena négase a consumar o matrimonio mentres Anfitrión non vingue aos seus irmáns. Creonte promételle axuda se libera á cidade do raposo do monte Teumesso, animal semidivino, tan veloz que non podía ser alcanzado por ninguén. Cada mes os tebanos dábanlle un meniño para que o golpe os deixara tranquilos.<br>
Anfitrión pide axuda a [[Céfalo]], un mozo ateniense que posuía un can estraordinario, do que ningún animal escapaba, Lelope. Cefalo aceptou, pero Zeus decide converter os dous animais en estatuas. Anfitrión obtén así o seu exército e parte para reconquistar o seu reino. Durante a súa ausencia, Zeus presentouse a Alcmena, uníndose a ela, desta unión nace [[Heracles]].