Imperio Romano de Occidente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a "sen embargo"
Liña 33:
A Valentiniano sucedérono emperadores cada vez máis febles e ficticios, ata que en [[476]], [[Rómulo Augústulo|Rómulo Augusto]], chamado despectivamente "Augústulo" por ser só un neno, foi deposto por [[Odoacro]], xefe dos [[hérulos]] (tribo ostrogoda). Porén, Odoacro quixo gañarse o favor do Imperio de Oriente enviando as insignias imperiais a Constantinopla, coroándose só como rei de Italia e polo tanto asumindo o goberno de forma simbólica en nome do Emperador de Bizancio. Xa que logo, considérase o 476 como o fin do Imperio Romano e a [[Idade Antiga]], e a Rómulo Augústulo como o último emperador, a pesar de que a autoridade de Occidente había tempo que era historia e que Oriente, en cambio, sobreviviu 1000 anos máis baixo o goberno dos bizantinos.
 
A Galia quedou dividida entre os novos reinos franco, [[Burgundios|burgundio]] e visigodo. Este último asumiu tamén o mando en Hispania tras a destrución do [[reino suevo]], e posteriormente transplantaría a súa base a esta rexión, fundando nela o [[Reino visigodo de Toledo]].
 
== Véxase tamén ==