Gonzalo Fernández de Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m isto, iso, etc.
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
Liña 9:
En [[1495]] foi chamado á guerra de [[Nápoles]], onde tanto [[Fernando de Aragón]] e o rei de Francia (naquel momento [[Luís XII]]). Tras unha corta campaña de tres anos e tras coseitar importantes triunfos, volveu a España. Alí foi nomeado duque de Santángelo.
 
En [[1500]] foi enviado de novo a '''Nápoles''' para consolidar a posición de España en Nápoles tras un tratado con Francia. Os roces cos exércitos franceses, porén, conduciron ó enfrontamento con estes. Os franceses superaban ampliamente en número ós españois, o que fixo que o Gran Capitán seguise tácticas defensivas, refuxiándose en prazas fortes. A grangrande estratexia do Gran Capitán conduciu á vitoria sobre os franceses en [[batalla de Ceriñola|Ceriñola]], en [[1503]]. O comandante francés, o duque de Nemours, morreu en combate.
 
Grazas a esta vitoria, o exército español apropiouse de todo o reino de Nápoles. Luis XII de Francia mandou un novo exército, que foi derrotado en [[1504]] en [[batalla de Garellano|Garellano]]. Tras estes acontecementos, o exército francés rendiuse en Gaeta.