San Lourenzo de Abeleda, Porqueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadin informacion demográfica
engadin foto
Liña 13:
'''San Lourenzo de Abelendo''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Porqueira]] na [[comarca da Limia]]. Segundo o [[IGE]] en [[2011]] tiña 150 habitantes (69 homes e 81 mulleres), 43 menos ca en [[1999]].
 
No sur do antigo [[Reino de Galicia]], a 15 km da raia de [[Portugal]] atópase a aldea de San Lourenzo de Abelendo, que hoxe é o seu nome máis aceptado, se ben o longo da historia atopamos referencias como San Lourenzo de Abeleda, San Lourenzo de [[Porqueira]], San Lourenzo de Abelenda, e incluso San Lorenço de Porquera que é a primeira referencia escrita que aparece desta parroquia, concretamente no libro "Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Orense"  de [[Juan Muñoz de la Cueva]], ano 1772, dinos que o que chegou a ser obispo de Ourense entre os anos 1157 e 1169, Don [[Pedro Seguín]] , moi venerado polo emperador [[Afonso VII de León]] e máis polo seu fillo [[Fernando II de León e Galicia|Fernando]], que foi rei de León e Galiza, e do que tamén foi confesor, era natural de Paradela de Abelenda, anexo da freguesia de San Lorenço de Porquera.<gallery>
Ficheiro:Igrexa de San Lourenzo de Abeleda, Porqueira.jpg
 
</gallery>Anque hoxe se atopa incluida no concello de Porqueira, non sempre foi así, xa que ata  mediado o século dezaoito, pertenceu a xurisdicción de [[Rairiz de Veiga]] e antes diso, concretamente no ano 1777, segundo nos conta, o historiador [[Pedro González de Ulloa]], oriundo de [[Xocín, San Martiño de Porqueira, Porqueira]], no seu libro: " Estados do Conde de Monterrey" a freguesia de Abelendo xunto coas de   G<u>üin</u>, Golpellas, Barxeles, Souto e Couso formou un couto ou xurisdicción im-solidum, co seu xuiz, escribán e ministros que formaban audiencia en [[Couso de Salas, Muíños]] que era a capital.
 
En canto a demografia, os primeiros datos que temos son do ano 1570, onde se nos dí que por aquel entón Abelendo xa contaba ca significativa cifra de 50 veciños, é dicir con cincuenta familias, e as familias do século dezaseis non eran como as de agora que o sumo ten un ou dos fillos senón que daquela tiñan algúns máis, supóndolle unha media de cinco persoas por cada familia, podemos asegurar sen medo a enganarnos que a poboación andaria polos 250 habitantes máis ou menos.
Liña 49:
[[Categoría:Parroquias de Porqueira]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo]]
{{DEFAULTSORT:San_Lourenzo_de_Abelendo,_Porqueira}}