Saltón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 27:
Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de [[migrar]]. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escaseza de alimento, o seu organismo libera unha serie de [[hormona]]s que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a ''[[Locusta migratoria]]'' e a ''[[Schistocerca gregaria]]'', desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.
 
Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente frotando as patas contra as áás ou o [[abdome]], ou co golpeteo das ás no voo. Algúns contan con órgano de audición, situado nos costados do primeiro segmento abdominal. As patas traseiras son tipicamente longas e fortes, apropiadas para saltar. Xeralmente contan con ás, pero só as traseiras son membranosas e lles permiten voar, mentres que as dianteiras son coriáceas e non son útiles no voo. As femias son de maior tamaño cós machos.
 
Os [[ortópteros]] que contan con antenas tan largas ou maiores có seu propio corpo son en realidade [[Grilo (insecto)|grilos]] de matogueira ou saltóns de antenas longas, pertencentes á suborde ''[[Ensifera]]'', dos que se diferencian tamén pola estrutura do ovipositor, así como a localización do órgano auditivo e a forma en que producen os sons característicos. En termos evolutivos existe unha división entre ambas as dúas subordes que data do límite [[Permiano|Permo]]-[[Triásico]]<ref>[http://tolweb.org/Caelifera/13316 Tree of Life - Caelifera]</ref>.