Procopio de Cesarea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m corrixo erros
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Procopio''' (en [[Lingua latina|latín]], ''Procopius,'' (en [[lingua grega|grego]] Προκόπιος), nado cara o 500 e finado cara o 565, foi un dos máis eminentes historiadores bizantinos.
 
Acompañou ao xeneral bizantino [[Belisario]] nas guerras do emperador [[Xustiniano I|Xustiniano]], e se converteu no principal historiador bizantino do século VI, escribindo '''''Ὑπὲρ τῶν Πολέμων Λόγοι,''' Hypèr tōn Polémon Lógoi'' (en [[Lingua galega|galego]], ''A historia das guerras);'' '''''Περὶ Κτισμάτων''''', ''Perì Ktismáton'' (''Os edificios)'' e '''Ἀπόκρυφη Ἱστοροα''', ''Apókryphe Historía (Historia arcana ou Historia secreta)''. É comúnmente clasificado como o derradeiro gran historiador do mundo antigo occidental.
 
== Traxectoria ==
Era orixinario de [[Cesarea de Palestina]]. Estudou o [[Lingua grega antiga|grego clásico]] e asistiu a unha escola de dereito, probabelmente en [[Beirut]]. Cando aínda era mozo foi a [[Constantinopla]] e destacou como avogado e mestre en elocuencia, ata o punto que atraeu a atención de [[Belisario]], que o nomeou o seu secretario (ὑπογραφεύς). Nesta condición Procopio acompañou ao gran xeneral ás súas guerras en Asia, África e Italia, nas cales realizou a miúdo algunhas tarefas diplomáticas e mesmo operacións militares.
 
Durante a [[Guerra gótica de Italia]] recibiu o departamento do comisariado e á fronte da frota tivo parte decisiva na vitoria da campaña. Foi testemuña de feitos como o [[Asedio de Roma (537-538)]] e a captura da capital dos [[godos]], [[Rávena]], onde se rendeu o rei godo [[Vitixes]]. Volveu con Belisario á capital un pouco antes do [[542]], pero non participou na segunda campaña do xeneral en terras itálicas, desta vez contra o novo rei godo [[Tótila]].
Liña 12 ⟶ 15:
 
As súas obras principais foron:
# '''''ΙστορίαιὙπὲρ τῶν Πολέμων Λόγοι''''', ''Historia das guerras'', obra dividida en 8 libros sobre as guerras libradas polo [[Imperio Bizantino]] durante o reinado de Xustiniano. Dous sobre as guerras persas, do [[408]] ao [[553]], dous sobre as guerras cos vándalos do [[395]] ao [[545]] e catro sobre as guerras góticas (de feito o cuarto libro é un suplemento con materias tamén doutros acontecementos) ata o [[553]], que foi continuado por [[Agatías de Mírina|Agatías]] ata o [[559]].
# '''''ΚτίσματαΠερὶ Κτισμάτων''''', ''Libri VI. de Aedificiis conditis vel restoratis auspicio Justiniani''. [[Panexírico]] destinado a eloxiar as obras públicas erixidas por Xustiniano. Estruturado en seis libros, foi escrito seguramente durante a segunda metade da década de 550 e publicouse o 561. Preséntase a Xustiniano como o prototipo de gobernante cristián que levanta igrexas pola gloria de Deus, fortifica a cidade para gardar os seus súbditos ou mostra unha especial preocupación polo fornecemento de auga.
# '''''ΑνέκδοταἈπόκρυφη Ἱστοροα''''', ''Historia Arcana'' ou ''Historia Secreta''. Colección de anécdotas, a miúdo licenciosas e outras veces absurdas, que constitúen unha crónica escandalosa da corte do [[549]] ao [[562]]. É a súa obra máis famosa. Menciónase no [[Suídas]] baixo o título grego de ''Anécdota'', pero non se descubriu ata varios séculos máis tarde, na Biblioteca Vaticana, e non se editou ata o 1623. ''Historia Secreta'' fai referencia aos mesmos anos que os sete primeiros libros de ''Historia das Guerras'', pero segundo o autor, narra aquilo que non estaba autorizado a escribir nas súas obras oficiais por medo ás represalias do emperador. A historia secreta revela un autor profundamente decepcionado co emperador [[Xustiniano I]] e a súa esposa, a emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano I)|Teodora]], así como Belisario, o seu antigo xefe e protector, e [[Antonina (esposa de Belisario)|Antonina]]. As anécdotas expoñen os segredos das súas accións públicas, así como a vida privada do emperador, a súa muller e os seus. Xustiniano é mostrado como cruel, corrupto e incompetente mentres que de Teodora detállase a súa vulgaridade e luxuria insaciábel, combinadas con mal carácter e ruindade. Algunhas opinións dubidaron que ''Historia Secreta'' fose escrita por Procopio, pero a análise do texto corrobora o seu autoría.
# '''''Orationes'''''.