Trompeta baixa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Trompeta baixa de Wagner: Le Sacre du printemps
Liña 27:
Wagner escribiu aventuradamente para a súa nova incorporación na sección de metais. A trompeta baixa aparece con frecuencia en ''O anel do nibelungo'', realizando [[solo]]s en cada rexistro, así como interpretando en oitavas, unísonos ou harmonías con trompetas, trombóns e [[tuba Wagner|tubas Wagner]]. O seu [[timbre musical|timbre]] é moi distintivo e facilmente identificable e Wagner utilizou este novo e singular ton amplamente.
 
Outros compositores tamén utilizaron a trompeta baixa na [[orquestra]], entre eles [[Richard Strauss]] (no [[poema sinfónico]] ''[[Macbeth (Strauss)|Macbeth]]'' e a ópera ''[[Elektra (ópera)|Elektra]]''), [[Arnold Schoenberg]] (na [[cantata]] ''[[Gurrelieder]]''), [[Igor Stravinskii]] (no [[ballet]] ''[[Le Sacre du printemps|A consagración da primavera]]'' - cuarta trompeta dobrando a unha trompeta baixa en mi bemol, [[Leoš Janáček]] (na ''[[Sinfonietta (Janáček)|Sinfonietta]]'' - dúas trompetas baixas en si bemol. Non obstante, ao igual que coa tuba Wagner e o trombón contrabaixo, outras adicións de Wagner á orquestra na ópera ''O anel do nibelungo'', a trompeta baixa non se tornou nun membro común da orquestra de metais e raramente se pode encontrar.
 
== Notación ==