Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 215:
O evento de [[extinción do Cretáceo-Paleoceno]] provocou a [[extinción]] de todos os dinosauros non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosauros e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o [[Paleoxeno]] e o [[Neoxeno]]. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.
 
Os mamíferos son os únicos [[sinápsido]]s que actualmente persisten<ref>[http://www.ucmp.berkeley.edu/synapsids/synapsida.html] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130307030139/http://www.ucmp.berkeley.edu/synapsids/synapsida.html |date=07 de marzo de 2013 }} Ben Waggoner-. Introduction to the Synapsida. University of California Museum of Paleontology. 1997.</ref> A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos [[saurópido]]s no final do [[Carbonífero]], hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás<ref name=Amniota />. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos<ref name=Amniota>[https://web.archive.org/web/20101220205005/http://palaeos.com/Vertebrates/Units/190Reptilomorpha/190.400.html#Amniota] Amniota - Palaeos. White, A. T. 2005 {{En}}</ref>. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.
 
Ao longo do [[Permiano]], os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con un varios herbívoros relevantes. No período do [[Triásico]] un grupo anterioremente non dos principais, os [[arcosauro]], convertéronse nos vertebrados dominantes. Os [[mamaliaformes]] apareceron durante este período; cun olfacto moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren [[Endotermia|endotérmicos]] e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosauros [[Theropoda|terópodos]] desprazaran aos [[rauisuchia]]nos como os carnívors dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse [[Castorocauda|actuáticos]], algúns [[Volaticotherium|voadores]] e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosauros xuvenís.