Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Teodorico o Grande''' ([[Dacia (provincia romana)|Dacia]], [[454]] - [[Rávena]], [[526]]). Rei dos [[ostrogodos]] ([[474]]-[[526]]).
 
== Traxectoria ==
Fillo do caudillo ostrogodo [[Teodomiro (reidos ostrogodo)Ostrogodos|Teodomiro]], da liñaxe dos [[Amalos]], foi enviado polo seu pai como refén á cidade de [[Constantinopla]] (actual [[Istambul]]), sendo un neno ([[462]]). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en [[474]] ao seu pai, como líder dos ostrogodos.
 
[[Ficheiro:Ostrogothic Kingdom.png|miniatura|dereita|200px|Reino de Teodorico o Grande]]
 
Foi nomeado ''patricio'' e ''magister militum'' polo augusto [[Zenón, Emperador|Zenón]], [[Imperio Bizantino|emperador de Oriente]]. Este en [[488]] cedeulle o goberno de [[Italia]] coa condición de vencer a [[Odoacro]], rei dos [[hérulos]] que depuxera a [[Rómulo Augústulo]], último [[Imperio Romano de Occidente|emperador romano de Occidente]] ([[476]]). Teodorico penetrou na [[Península Itálica|península itálica]] á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar [[Rávena]], onde finalmente morreu Odoacro ([[493]]).
 
Proclamouse rei de Italia ([[494]]) fixando a súa residencia en [[Rávena]] e foi recoñecido como ''rex Italiae'' polo augusto [[Anastasio I, Emperador|Anastasio]], emperador de Oriente, en [[497]], a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión [[Arianismo|ariana]], que retiveron o poder militar, e os [[Roma antiga|romanos]], [[Catolicismo|católicos]], que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.
 
[[Ficheiro:Mausoleum of Theoderic.JPG|miniatura|dereita|200px|O [[Mausoleo de Teodorico]] en Rávena.]]
 
Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como [[Anicio Boecio|Boecio]] e [[Casiodoro]]. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e [[ostrogodos]]. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.
Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e [[ostrogodos]]. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.
 
En [[511]] interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de [[Alarico II]] na [[batalla de Vouillé]] ([[507]]), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador [[Xesaleico]] e coroou ao seu neto [[Amalarico]], fillo de [[Alarico II|Alarico]] e da súa filla [[Tindigota]]Teodogoda. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de [[Teudis]], un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo ([[526]]), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.
 
Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.
 
Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co [[Papa|Papado]] e co [[Imperio Bizantino]], que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio ([[524]]) e a encarcerar ao papa [[Xoán I, Papapapa|Xoán I]].
 
Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla [[Amalasunta]], falecendo o [[30 de agosto]] do [[526]]. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador [[Xustiniano I|Xustiniano]] converter Italia nunha nova [[Thema|provincia bizantina]] e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo ([[555]]).
 
{{Gobernante|
Liña 53 ⟶ 52:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Basílica de SanSanto ApolinarApolinario o Novo]]
{{Control de autoridades}}