Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
indico parroquias
4bot (conversa | contribucións)
m encender_acender
Liña 27:
 
== Turismo e lecer ==
A xente da parroquia soe ser “parrandeira”, gusta do xogo das cartas, da charla tranquila e sosegada, sen présa. En Vilamaior hai como unha especie de centro de reunión, que queda polo medio do pobo, onde, cando vai bon tempo, a xente xuntase para parolar: o paredon. Antes, cando chovia xuntabanse nun chamizo que estaba cerca do paredón. Polas longas noites do inverno eran tipicas as xuntanzas de mozos e maiores, que quedaban nalgunha casa para probar o viño e xogar ás cartas. Algo mais atrás no tempo, os mozos e mozas xuntabanse nos fiadeiros, ali pasaban o tempo con xogos, contos, risas e amores. Tamen se celebraba o entroido ou carnavais: os disfrazados ian pedindo chourizos polas casas. Para andar pola noite, encendianseacendianse os fachos: mazos de palla que ardían procurando iluminacion. Non hai moitos anos que puxeron o alumeado publico.
 
No veran, habia festas en case que todas as parroquias. A festa de Vilamaior é o oito de setembro, en honra da Virxe dos Remedios. Ultimamente, se ben se celebran os ritos relixiosos (procesión, misa solemne, etc) e a festa de pote (gastronómica), xa non se fai baile. Comentan que nalgun tempo, a festa dos Remedios de Vilamaior era mais grande (viña mais xente á festa) que a da capital do concello, que tamén ten a mesma virxe para honrar.