Espectroscopia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m -mente
4bot (conversa | contribucións)
m grado_grao
Liña 16:
 
==Relación co estudo dos astros==
Os [[astro]]s, así como a [[materia interestelar]], emiten ondas electromagnéticas; os astrónomos chegaron ao coñecemento de canto sabemos do ámbito extraterrestre descifrando as mensaxes que portan esas ondas cando chegan ao noso planeta. Debe advertirse que a emisión e as modificacións ulteriores experimentadas por esas radiacións son resultado de non poucos factores: a composición química da fonte que os emite, temperatura, presión e gradograo de ionización a que se acha a mesma, influencia dos campos magnéticos e eléctricos, etc. Por outra banda, como os físicos reproduciron nos seus laboratorios eses diferentes estados da materia e obtido os espectros correspondentes, estes serven de patróns que permiten analizar os espectros dos corpos celestes e extraer toda lainformación que conteñen. no caso dos espectros luminosos, os estudos constitúen o [[análise espectral]].
 
Ademais de indicar a composición química da fonte luminosa e o estado físico da súa materia, o espectro revela se o corpo luminoso e a Terra achéganse ou se afastan entre si, ademais de indicar a velocidade relativa á que o fan (''efecto Doppler-Fizeau'').