Valdés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Correccións da lingua
4bot (conversa | contribucións)
m edade_idade
Liña 52:
Os primeiros datos documentados que temos do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Alfonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa da [[anarquía]], roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a [[Coroa de España|Coroa]] as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das póboas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.
 
A época [[edadeidade media|medieval]] ven marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto o constitue a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grado (Asturias)|Grado]], [[Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.
 
O [[século XIX]] deixa un acontecimento relacionado coa [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]] contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a [[Castropol]] e [[Figueras]]. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose líñas regulares de fragatas en dirección a [[América]], e que volverían máis tarde á sua terra natal cun forte poder monetario e social, é o que chamamos a cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.