Ruth Matilda Anderson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 7:
En [[1921]], cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada por [[The Hispanic Society of America]], recomendada pola propia [[Clarence White]]. Alí estivo baixo a supervisión do director, [[Archer Milton Huntington]], actualizando as súas técnicas como fotógrafa e investigadora. Comezou como fotógrafa do museo, e en [[1922]] foi nomeada conservadora de fotografía.
 
Levou a cabo cinco viaxes a España na década de [[1920]]: por todo o país do [[17 de marzo]] ao [[3 de xullo]] de [[1923]]; por [[Galicia]] e [[Asturias]] do [[29 de xullo]] de [[1924]] ao [[28 de agosto]] de [[1925]]; por Galicia e [[Rexión de León|León]] do [[14 de novembro]] de 1925 ao [[31 de maio]] de [[1926]]; por [[Estremadura, España|Estremadura]] e [[Castela]] do [[29 de decembro]] de [[1927]] ao [[28 de abril]] de [[1928]]; e por Castela, León e [[Andalucía]] do [[5 de outubro]] de [[1929]] ao [[17 de novembro]] de [[1930]]. En total tomou preto de dez mil imaxes de España nestas viaxes<ref name="MONA"/>.
 
Logo desta última viaxe centrou a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema. Realizou outra derradeira viaxe entre [[1948]] e [[1949]], centrándose neste eido. En [[1954]] foi nomeada conservadora de traxes da Hispanic Society, cargo que ocupou até a súa xubilación.