Isaac Xubín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadida nova tradución
Achega
Liña 11:
Estudou nos Salesianos da Coruña<ref>{{cita novas|url=http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/isaac-xubin-non-habera-normalizacion-linguistica-non-hai-social-cultural/idEdicion-2010-10-25/idNoticia-603902/|xornal=Galicia Hoxe|data=25 de outubro de 2010|autor=Manuel Vidal Villaverde|título=Isaac Xubín: “Non haberá normalización lingüística se non a hai social e cultural “|data-acceso=26/02/2019}}</ref>e no [[IES Sánchez Cantón]] de Pontevedra. Tras licenciarse en Filoloxía Galega pola [[Universidade de Vigo]], viviu en [[Bilbao]] e [[Gasteiz]] para aprender éuscaro. Realizou diversas traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro.
 
Fixo un mestrado en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre [[2009]] e [[2012]] foi lector de galego no Colexio Universitario de [[Cork]]., onde traballou baixo a dirección do poeta noiés [[Martín Veiga]]. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.
 
Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En [[2011]] obtivo o [[premio Eusebio Lorenzo Baleirón]] polo seu poemario ''Con gume de folla húmida''.<ref>{{Cita web|título=Dodro: Isaac Xubín gaña o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía…|url=http://archive.is/YlgZ|páxina-web=archive.is|data=2012-07-08|data-acceso=2019-02-26}}</ref> Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe [[Temps Obert 11.1]].<ref>{{Cita web|url=https://cadernodacritica.wordpress.com/2014/05/10/a-mestra-poesia-e-video-de-isaac-xubin/|páxina-web=cadernodacritica.wordpress.com|título=A mestra (poesía e vídeo), de Isaac Xubín|data-acceso=26/02/2019|apelidos=Nicolás|nome=Ramón|data-publicación=10/05/2014}}</ref> É membro das [[Redes Escarlata]]. A súa obra está profundamente marcada polas viaxes, as linguas, o deporte e a gastronomía, unhas realidades que se entretecen ao longo da súa produción e que axudan a caracterizar a súa obra (poética, narrativa e ensaística) como un macrotexto. Publicou varios poemas no nº 223 ([[2019]]) da revista [[Grial (revista)|Grial]].
macrotexto.
 
Como deportista afeccionado, xogou ao [[rugby]] no [[Mareantes Rugby Clube Pontevedra|Mareantes]] de [[Pontevedra]], no [[Bandon RFC]] e no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco"<ref>[http://placaxe.prazapublica.com/ Blog "Melé a cinco"], de Isaac Xubín</ref> e editou a revista pontevedresa ''O salmón oval'' en 2015. Tamén xogou ao [[fútbol gaélico]], primeiro no [[Nemo Rangers]] de [[Cork]], e máis tarde no [[Douglas GAA]], amais da [[Selección galega de fútbol gaélico|Selección Galega]], coa que participou no encontro internacional [[Encontro internacional de Narón 2012|Galiza-Bretaña]], celebrado en [[Narón]] o 21 de xullo de 2012.