Hattie McDaniel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 48:
A busca da actriz para interpretar a Mammy en ''[[Foise co vento]]'' estaba a ser case tan intensa como a de Scarlett O’Hara, e mesmo [[Eleanor Roosevelt]] escribiu a [[David O. Selznick]] para que contratase a súa asistenta, Elizabeth McDuffie.<ref>Watts, Jill. ''Hattie McDaniel: Black Ambition'', White Hollywood, Harper Collins, 2005, p. 151.</ref> McDaniel non tiña esperanzas pola súa reputación como actriz cómica, pero foi á audición vestida de criada e conseguiu o papel.<ref name=Harris>{{Cita libro|apelidos=Harris|nome=Warren G.|título=Clark Gable: A Biography|editor=Harmony|ano=2002|isbn=0-307-23714-1}}</ref> A estrea do filme foi o 15 de decembro de 1939 en [[Atlanta]] e os actores negros foron excluídos do acto, dos programas e dos carteis. Selznick intentou que lle permitisen a asistencia a McDaniel, pero a [[Metro-Goldwyn-Mayer]] desaconsellouno por mor das leis de segregación de [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]. [[Clark Gable]], amigo de McDaniel, ameazou con boicotear a estrea se ela non ía, pero McDaniel convenceuno de que asistise de todas as formas.<ref name=Harris/>
 
McDaniel gañou o [[OscarÓscar á mellor actriz secundaria]] por este papel, converténdoa na primeira persoa negra en gañar un Oscar (e mesmo a primeira en ser candidata). Porén, na cerimonia tivo que sentar separada, nunha mesa para dúas persoas, apartada do resto do equipo do filme e dos membros da industria.<ref>W. Burlette Carter, "Finding the Oscar", pp. 115–16, citing Photograph of Guests at 12th Academy of Motion Picture Arts & Sciences Awards Banquet (1939) in Margaret Herrick Library, Special Collections</ref>
 
Durante os anos seguintes, McDaniel continuou traballando no cinema, na radio e na televisión, chegando a ser a primeira persoa negra que protagonizou o seu propio programa de radio, a comedia ''Beulah''. O programa pasou en 1951 á televisión, pero foi controvertido e mesmo o exército dos Estados Unidos deixou de emitilo en Asia porque moitos soldados consideraban que perpetuaban estereotipos raciais negativos, que non tiñan que ver coas habilidades das tropas negras para levar a cabo as súas misións.<ref>Milton A. Smith, "Offensive to GIs, Banned: Army Drops ‘Beulah’ Show Taken Off Air After Fighters Complain", ''Balt. Afro-American'', 17 de febreiro de 1951</ref> Despois de rodar uns poucos episodios a McDaniel diagnosticáronlle [[cancro]] de mama e tivo que ser substituída na serie. Faleceu en 1952 aos 57 anos.