5
edicións
|ocupación = Mestre, escritor
}}
'''Carlos Manuel Callón Torres''', nado en [[Ribeira, Ribeira|Santa Uxía de Ribeira]] o [[26 de agosto]] de [[1978]], é licenciado en [[filoloxía]]s [[lingua galega|galega]], [[lingua portuguesa|portuguesa]] e románica pola [[Universidade de Santiago de Compostela]].
== Traxectoria ==
Foi concelleiro por parte do [[BNG]] na súa vila natal entre xaneiro de [[2001]] e xuño de [[2002]], e membro do [[Consello Asesor de RTVE en Galicia]] entre 1998<ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980309/Anuncio894A_gl.html DECRETO 68/1998, do 5 de marzo, polo que se nomean os membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia.]</ref> e 2002. A partir de [[1995]] ocupou diversas responsabilidades na [[Mesa pola Normalización Lingüística]], organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende [[1995]] e que presidiu desde 2002 a [[2014]], desde entón é Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da [[Fundación Vía Galego]], desde a súa constitución en [[2006]]. Preside tamén a [[Fundación Via Galego]]<ref>[http://www.viagalego.org/ Páxina web] da Fundación Via Galego.</ref> e a federación estatal [[Diverslinguae]], desde a constitución de ambas, en [[2006]] e [[2008]], respectivamente.
O 20 de decembro do 2015 presentouse ao [[Congreso dos Deputados de España|congreso]] pola provincia da Coruña representando a [https://web.archive.org/web/20160207005049/http://noscandidaturagalega.gal/ NÓS Candidatura Galega].
=== Poesía ===
* ''Atravesar o fantasma'', [[2014]], Xerais.
* ''Inscricións'', [[2019]], Galaxia.
=== Obras colectivas ===
* ''I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo'', [[2004]], [[Consello da Cultura Galega]].
* ''[[Xosé Chao Rego]]: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe)'', 2010, Fundación [[Bautista Álvarez]] de Estudos Nacionalistas.
* ''Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de [[Valentín Paz-Andrade]]'', [[2015]], Figurandorecuerdos Edicións. Con [[Paulo Filgueiras Fachal]].
* ''No tempo de [[Follas novas]]. Unha viaxe pola literatura universal'', 2015, [[Alvarellos Editora|Alvarellos]].
* Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro de ensaio no 2011, por ''Amigos e sodomitas''.
* Premio ''Redelibros'' de Ensaio no 2011, por ''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos''.
* Premio ''Careón'' 2018, pola súa traxectoria literaria.
== Galería de imaxes ==
|
edicións