Baredo, Baiona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
rata de auga setentrional
Liña 51:
O [[río Fraga]], tamén chamado [[Regato das Tres Regueiras]], nace preto do Monte de Baredo e desemboca en Porrido. Nos seus últimos metros, localízase un paseo de madeira que discorre á beira do río. Coma outros tantos ríos galegos, posuía varios [[muíño]]s de auga, utilizados para moer o gran. Dos oito, reconstruíronse tres (Cogulado de Arriba, Cogulado do Medio e Cogulado de Abaixo), os outros cinco están en pésimas condicións.
 
A ruta, sinalizada con paneis, discorre por unha paraxe de ámbito natural, aínda que afectada polo urbanismo. Ten un gran valor etnográfico e biolóxico, principalmente [[aves]] coma [[avelaiona]]s, [[moucho de orellas|mouchos de orellas]], [[Lavandeira branca|lavandeiras brancas]], [[rabirrubio]]s, [[gaivota]]s, [[corvo mariño|corvos mariños]]...; anfibios coma [[ra verde|ras verdes]], [[Píntega común|píntegas comúns]], [[píntega rabilonga]]s..., e [[flora]]: [[xesta]]s, [[Toxo arnal|toxos]], [[fento]] e a especie invasora: [[Cala (flor)|lirio de auga]] (tamén chamada cala). Tamén se completa con pequenos [[roedor]]es, coma [[rato]]s, [[Toupa ibérica|toupas]] e [[ourizo cacho|ourizos cacho]] e algún que outro [[Rata de auga setentrional|aguanón]] e o omnipresente [[eucalipto]].<ref>{{Cita web|url = http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/baiona/baredo.html|autor = Galicia Máxica|título = Muíños de Baredo|dataacceso = 05/11/2014|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20141105163725/http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/baiona/baredo.html|dataarquivo = 05/11/2014|urlmorta = si}}</ref>
 
== A Virxe da Cela ==