Sinan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O Kırkçeşme: Engado imaxe
Etiqueta: edición de código 2017
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 85:
 
=== O Kırkçeşme ===
[[Ficheiro:Sinan sketchy drawing.jpg|miniatura|esquerda|200px|Plano do sistema de distribución de auga de Kırkçeşme (c. 1560), que se conserva no museo do [[Palacio de Topkapi]].]]
'''Sinan''' non só construíu mesquitas. En [[1553]], foille encargada a resolución do problema de abastecemento de auga á capital. Examinou todos os acuedutos antigos, e buscou novas fontes. Os traballos de construción de novas instalacións foron iniciados en [[1554]] e terminados en [[1560]]. Para iso, realizou unha rede de cuarenta fontes, que denominou « Kırkçeşme », cunha lonxitude de máis de 50 km, para cuxa subministración debeu construír diques fluviais, túneis, canles e dous acuedutos: os de [[Acueduto de Uzunkemer|Uzunkemer]] e [[Acueduto de Egrikemer|Egrikemer]], preto de Istambul. Este proxecto a por do dominio da auga era tan importante a ollos de Suleimán, que fixo un desembolso de 43 millóns en moeda de prata, case equivalente ao que gastara (53 millóns) no complexo de Süleymaniye.
 
=== O construtor de pontes ===
[[Ficheiro:Visegrad Drina Bridge 1.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Ponte Mehmed Paša Sokolović|Ponte de Višegrad]] construída por Sinan en [[1577]].]]
'''Mimar Sinan''' outorgou tanta importancia ás súas pontes como ao resto dos traballos. Estaba orgulloso da [[Ponte de Büyükçekmece|ponte de « Büyükçekmece »]], dun longor de 635,5 metross, e que é tan perfecto como sólido. Foi el tamén o que botou sobre o río [[Cekmeçe]], os vinte e oito arcos da ponte da vía imperial que une [[Edirne]] con Istambul. Tamén levantou, entre [[1577]] e [[1578]] a [[Ponte de Višegrad]] sobre o [[río Drina]], en [[Bosnia-Hercegovina]], nos [[Balcáns]].