Artes escénicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
algo máis traido desde a wiki .en:Performing arts
Liña 4:
As '''artes escénicas''' son as [[arte]]s destinadas ao estudo e/ou práctica de calquera tipo de '''obra escénica''' ou '''escenificación.''' Toda forma de expresión capaz de inscribirse na [[escena]]: o teatro, a [[danza]], a [[música]] (especialmente a [[ópera]], o [[ballet]], a [[zarzuela]], o [[teatro]] [[Música|musical]], o [[cabaré]], o ''[[music hall]]'', os concertos ou recitais, etc.) e, en xeral, calquera manifestación do denominado mundo do espectáculo (''show business'' -farándula-) ou que leve a cabo nalgún tipo de [[Espacio escénico|espazo escénico]], habitualmente nas [[Sala de espectáculo|salas de espectáculos]], pero tamén en calquera espazo arquitectónico ou [[Urbanismo|urbanístico]] construído especialmente ou habilitado ocasionalmente para realizar calquera tipo de espectáculo en vivo, como ocorre cos [[espectáculo]]s ambulantes (como o [[circo]], o [[Guión (arte)|guion]], os tradicionais cómicos da legua e [[Commedia dell'arte|comedia da arte]] ou o actual [[teatro]] rueiro). Outras expresións, como [[desfile]]s, [[procesión]]s de [[Semana Santa]] e multitude de [[rito]]s relixiosos, [[festa]]s populares, ou [[entroido]]s, teñen unha clara dimensión escénica.
 
As artes escénicas a miúdo teñen como obxectivo expresar as emocións e sentimentos propios.<ref>{{cita xornal|last=Oliver|nome=Sophie Anne|título= Trauma, Bodies, and Performance Art: Towards an Embodied Ethics of Seeing |xornal= Continuum|data=Febreiro 2010|volume=24|páxinas=119–129|doi=10.1080/10304310903362775}}</ref>
== Espazo escénico ==
O espazo das artes escénicas, á parte de notables diferenzas producidas polos distintos conceptos que do espectáculo e todo o referido a este mundo, tivéronse que cambiar ao longo da historia, mantén inalterable unha certa disposición de ámbitos dependendo da utilización que deles se faga. Isto fai referencia a aquelas zonas que van albergar os dous elementos esenciais para que o espectáculo se produza: os [[actor]]es e o [[Espectador|público]].