Diferenzas entre revisións de «Ilmenita»

sen resumo de edición
(Ilmenite-173863.jpg)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
 
}}
 
A '''ilmenita''' (FeTiO<sub>3</sub>) é un [[mineral]] feblemente [[Magnetismo|magnético]], da clase dos [[óxido]]s, de color negra ou gris, que se encontra nas [[rochas metamórficas]] e nas rochas básicas eruptivas ([[gabro]], [[diabase]], [[piroxenita]]). O nome provén das montañas "Ilmen" en [[Rusia]], un dos principais depósitos. A maioría da ilmenita atópase recuberta de capas, como por exemplo, de area de praia. Contén o 47,34% de FeO e o 52,66% de TiO<sub>2</sub>, aínda que esta proporción é variable pola entrada do óxido férrico, substituíble por magnesio e manganeso.
 
Preséntase en forma de cristais normalmente tabulares delgados e romboédricos. Nas areas das praias acostuman estar partículas moi miúdas deste mineral, con diámetros de entre 0,1 e 0,2&nbsp;mm.
Usuario anónimo