Ano bisesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 35:
 
==== Calendario gregoriano ====
En 1582 o Papa [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]] implantou o calendario gregoriano. O obxectivo foi corrixir o atraso acumulado. Definiuse que o axuste debería ser feito de forma que o [[equinoccio]] de marzo caíse no día 21 daquel mes, o que estaba en conformidade co prim[[Primeiro Concilio de Nicea]] (ano 325). A verdade é que esa definición do equinoccio de marzo foi tamén en consonancia coa vontade da [[Igrexa católica]] de definir a conmemoración da [[Pascua cristiá|Pascua]] cristiá en data diferente da Pascua xudaica (''Pesach'').
 
Entre 325 e 1582 pasaron 1257 anos, co cal acumuláronse, despois de 1257 anos, aproximadamente 10 días (9,82 días) de desfasamento. Polo tanto, en 1582, na transición entre os calendarios xuliano e o gregoriano, o día 4 de outubro foi seguido polo día 15 de outubro. Eses 10 días elimináronse do calendario de aquel ano.