Mandorla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
arranxo ligazón morta
Sen resumo de edición
Liña 27:
Pola forma, tamén se asociou á figura do peixe, simbolo que serviu para identificar aos primeiros cristiáns, polo que a súa representación será moi frecuente na simboloxía cristiá a partir di século VI.<ref name=":0" />
 
De acordo co simbolismo de [[HildegardaHildegard devon Bingen|santa Hildegarda de Bingen]], a mandorla refírese ao cosmos<ref>Riedel (2005); p.238</ref>. O uso do círculo para inscribir un personaxe, ademais da súa localización na parte superior dun elemento arquitectónico, evoca a esfera celeste. A mandorla leva a outra dimensión: é unha figura xeométrica deseñada con dous círculos que se cortan. Estes círculos simbolizan o mundo superior e o inferior, o celestial e o terreal,<ref>Cirlot (2006), p. 302</ref> respectivamente. Na súa intersección atópase unha persoa, pola que se debe pasar para percorrer o camiño entre os dous círculos. A introdución de Cristo nunha mandorla no [[Tímpano (arquitectura)|tímpano]] da porta da igrexa revela o [[simbolismo]] do movemento dende fóra da igrexa cara adentro da igrexa e, polo tanto, anuncia o paso dos vivos do mundo terrestre ao celestial. A mandorla é usada, polo tanto, para expresar unha pasaxe ou unha porta.
 
Na [[arquitectura gótica]], ademais dos beneficios de deseño de arquitectura da bóveda de nervios que permite a entrada de luz na construción, aparece tamén o [[arco apuntado]] que ten a aparencia de mandorla aberta para a plena luz.