Universidade de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Cambio del nombre del Rector
ligazóns internas
Liña 9:
| web = [http://www.ub.edu/ http://www.ub.edu/]
}}
A '''Universidade de Barcelona''' (en [[lingua catalá|catalán]] e oficialmente: ''Universitat de Barcelona'') é unha institución académica pública con sede en [[Barcelona]], [[Cataluña]]. As súas facultades están distribuídas entre varios campus repartidos pola cidade e arredores: os campus de praza Universitat, [[el Raval]], Diagonal, [[Bellvitge]], [[Torribera]], [[Mundet]], [[Sants]] e [[Hospital Clínic]].
 
== Historia ==
As orixes da UB remóntanse á época de [[Martiño I de Aragón|Martiño I o Humano]], que quixo outorgar a [[Barcelona]] ''O estudo do medicamento''. Con todo, o [[Consell de Cent]] de Barcelona (consello municipal) negouse.
 
Durante o reinado de [[Afonso V de Aragón|Afonso o Magnánimo]], en 1450, e previa bula outorgada polo [[Papa]], inaugurouse finalmente a Universidade de Barcelona. Tres séculos máis tarde, no [[século XVIII]], a sede da universidade foi trasladada a [[Cervera]] ([[provincia de Lleida|Lleida]]) en agradecemento aos habitantes por dar apoio a [[Filipe V de España|Filipe de Anjou]] durante a [[Guerra de Sucesión Española]].
 
En [[1842]] a sede volveu a [[Barcelona]] ocupando uns antigos palacios da rúa do Carme e máis tarde un edificio novo en l'[[Eixample de Barcelona|Eixample]] construído por [[Elies Rogent]]. Noventa anos máis tarde, o goberno da [[Segunda República Española|Segunda República]] outorgou á Universidade autonomía propia, pasándose a chamar '''Universidade Autónoma de Barcelona''' (non confundirse coa actual [[Universidade Autónoma de Barcelona|UAB]]). Pero coa chegada da ditadura de [[Francisco Franco|Franco]], a autonomía foi derrogada en [[1939]], entrando nunha época de decadencia: gran parte do profesorado foi substituído por docentes acordes ao novo réxime que terminou cun período de crise intelectual.