Salvador García-Bodaño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
Fillo de [[Salvador García-Bodaño Fernández]], cando nin contaba un mes, os seus pais trasladáronse para [[Santiago de Compostela]], cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de [[Carlos Maside]] e [[Ramón Piñeiro]]. Colaborou con ''[[La Noche]]'' e pertenceu ao [[Partido Socialista Galego]] do que foi Secretario de Información e Propaganda.{{Sfn|{{Versaleta|Méndez Ferrín}}|1984}}
 
Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en [[1961]] da [[Agrupación Cultural O Galo]]; formou parte do [[Consello da Mocedade]]. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro [[Día das Letras Galegas]] (1963) e na homenaxe a [[Antonio Machado]] de 1964. En 1974 foi sancionado polo [[Tribunal de Orde Pública]] por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de [[Perlío, Fene]], no que se incluían uns poemas á [[Revolución dos Caraveis]] e a [[Pablo Neruda]].<ref name="RAG"/> Colaborou na realización do proxecto da revista ''[[Teima]]'' ([[1976]]); na editorial [[Escola Aberta]]; no [[Museo do Pobo Galego]] (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|Asociación de Escritores en Lingua Galega]] ([[1980]]); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do [[Pedrón de Ouro]]; no [[Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside]], no novo [[Seminario de Estudos Galegos]] (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do [[Instituto Galego da Información]] (IGI); da [[Asociación de Traductores en Lingua Galega]] (ATLG); da [[Fundación Castelao]]; do [[Centro PEN Galicia|PEN Clube de Galicia]] e da [[Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil]]
[[Ficheiro:Ao pé de cada hora. Salvador García-Bodaño. Dombate.jpg|miniatura|''Ao pé de cada hora'', 2ª ed, 1980.]]
A proposta de [[Antón Fraguas]], [[Constantino García]] e [[Andrés Torres Queiruga]], ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o [[25 de novembro]] de [[1992]], pronunciando o discurso "Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá",<ref>[https://academia.gal/documents/10157/27090/Salvador+Garcia+Boda%C3%B1o.pdf "Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá"]</ref> respondido por [[Carlos Casares]]. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.<ref name="RAG">[https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1548801508049&id=390 Membros da Academia] RAG.</ref>