Esoterismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Esoterismo''' (do [[lingua grega|grego]] έσώτερος [API /e'so:teros/]: «dentro, desde dentro, interior, íntimo»; unido ao sufixo «–ismo») é un termo xenérico usado para referirse ao conxunto de [[coñecemento]]s, [[ensinanza]]s, [[tradición]]s, [[doutrina]]s, [[técnica]]s, [[práctica]]s ou [[rito]]s dunha corrente [[Relixión|relixiosa]] ou [[filosofía|filosófica]], que son [[segredo]]s, incomprensibles ou de difícil acceso e que se transmiten unicamente a unha minoría selecta denominada iniciados, polo que non son coñecidos polos profanos.
 
Por extensión, o esoterismo refírese a toda [[doutrina]] que require un certo grao de [[iniciación]] para estudala no seu total profundidade. En contraste, o [[coñecemento]] [[exoterismo|exotérico]] é facilmente accesible para o [[Espectador|público]] común e é transmitido libremente. Polo tanto é esotérica unha doutrina que, apoiándose sobre a concepción do mundo que ten un sistema relixioso ou laico, propón unha interpretación reservada a un número restritivo de ''iniciados''.
 
Caracterízase ante todo por un coñecemento iniciático, con frecuencia asociado a técnicas espirituais destinadas á transformación dun mesmo (meditación, concentración, xexún etc.) e o ligamento a unha escola de pensamento no seo da cal o neófito pode progresar con prácticas individuais ou colectivas. Cando o aspecto práctico predomina no esoterismo, fálase sobre todo de maxia; por contra outros movementos apóianse sobre todo en textos de teor esotérico.