Diferenzas entre revisións de «Xuízo ás Xuntas»

traducindo
(traducindo)
(traducindo)
 
O [[20 de setembro]] de [[1984]] a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado '''“[[Nunca Más]]”''' e os seus membros concurriron a entregalo ao presidente ''Alfonsín'' á [[Casa Rosada]] acompañada dunha multitude de 70.000 persoas <ref>[http://www.todo-argentina.net/historia/democracia/alfonsin/1984.htm ''Raúl Alfonsín (1983-1989)'', Todo Argentina]</ref>.
 
==Puxa entre a xustiza militar e a xustiza civil==
Logo da sanción do Decreto 158/83, as xuntas militares comezaron a ser axuizadas polo Consello Supremo das Forzas Armadas o [[28 de decembro]] de [[1983]], debido a que nese momento as leis vixentes establecían que os militares só podían ser axuizados por tribunais militares, sen importar o delito cometido.
 
As demoras e a falta de vontade nas Forzas Armadas para axuizar realmente aos xefes militares fíxose evidente desde un comezo. O [[13 de febreiro]] de [[1984]] o Congreso sancionou a Lei 23.049 de reforma do Código de Xustiza Militar establecendo que a xustiza militar só atendería delitos de tipo militar (abandono de garda, deserción, insubordinación, etc.). Calquera outro delito cometido por un militar debía ser atendido pola xustiza civil. Ademais, estableceuse que as sentenzas dos tribunais militares podían ser apeladas ante a Cámara Federal (tribunal civil) e que se o xuízo se demoraba inxustificadamente, a Cámara Federal podía facerse cargo directamente da causa.
 
O [[11 de xullo]] de [[1984]] a Cámara Federal indicoulle ao Consello Suprema das Forzas Armadas que investigase se houbo un método na violación de dereitos humanos e se iso puido ser responsabilidade dos membros das xuntas militares e que lle informase en 30 días. Ante a inmobilidade do tribunal militar, o [[22 de agosto]] a Cámara Federal concedeulle unha ampliación do prazo por 30 días máis.
 
O [[25 de setembro]] o Consello Supremo das Forzas Armadas comunicou unha resolución na que sostiña:
{{cita|Se hace constar que, según resulta de los estudios realizados hasta el presente, los decretos, directivas, órdenes de operaciones, etcétera, que concretaron el accionar militar contra la subversión terrorista son, en cuanto a contenido y forma, inobjetables".<ref>[http://www.lavaca.org/seccion/bibliovaca/0/488.shtml Ciangaglini, Sergio et al (1995), ''Nada más que la verdad: el juicio a las juntas'', Bos Aires, Planeta]</ref>}}
 
Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o [[4 de outubro]] de [[1984]] a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.
 
Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e dictado prisión preventiva ao almirante Emilio Massera.
6.357

edicións