Arturo Iglesias Ortega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Ligazón
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxiño
Liña 5:
Fillo dun [[Asturias|asturiano]] e unha [[Madrid|madrileña]], viveu en Alemaña ata [[1975]]. Tras residir en Madrid e [[Xixón]], estableceuse en [[Santiago de Compostela]] en [[1988]], en cuxa universidade obtivo a licenciatura na [[Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela|Facultade de Xeografía e Historia]] en [[1994]], especializándose en [[Idade Moderna|Historia Moderna]]<ref name="Alquibla2017"/><ref name="LinkedIn"/>. Doutorouse na mesma universidade no ano [[2010]] coa tese "''El Cabildo Catedralicio de Santiago de Compostela en el siglo XVI: aspectos funcionales y sociológicos de una élite eclesiástica''", dirixida pola catedrática [[Ofelia Rey Castelao]], que obtivo a cualificación de sobresaínte ''[[cum laude]]''<ref>{{cita Harvard |Seijas Montero|2012|p=354|sp=si}}</ref><ref name="IO2012p667"/>.
 
Tras ingresar en [[1998]] no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela|Arquivo da Catedral de Santiago]]<ref name="LinkedIn"/>, desenvolvendo o seu traballo como técnico da Área de Documentación Moderna e Contemporánea<ref>{{cita web |url=https://www.caminosantiago.org/cpperegrino/prensa/verprensa.asp?PrensaID=9051 |data=11-6-2014 |páxina-web=caminodesantiago.org |título=VII Lecciones Jacobeas: “La tradición de la peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela’. Santiago de Compostela, 16-19 julio 2014 |dataacceso=21-12-2019 |lingua=es}}</ref> baixo a dirección do cóengo arquiveiro [[José María Díaz Fernández]], especializouse na historia do cabido compostelán dos [[século XV|séculos XV]] ao [[século XVIII|XVIII]], temática sobre a que xira a meirande parte da súa obra.
 
En [[1999]] obtivo o Premio de investigación "Arquivo da Emigración", outorgado polo [[Consello da Cultura Galega]]<ref name="IO2012p667"/>.